[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Dinastía Song

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDinastía Song
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
CapitalBianliang (en) Traducir
Lin'an Prefecture (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación960 Editar o valor en Wikidata
Disolución1279 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porDinastía Yuan Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata

Territorios da dinastías Song e as súas contemporáneas.

A dinastía Song foi unha dinastía que gobernou China de 960 a 1279, e que debeu a súa existencia a un oficial novo que pensou que tivera unha visión que significaba, segundo dixo, que un novo emperador sacaría a China das mans do emperador Kung-ti, da dinastía Chou. Os seus colegas pensaron que aquilo quería dicir que o seu xeneral, Chan Kuang-yin, sería o novo emperador, e proclamárono como novo gobernante co nome de Sung Tai Tsu.

A dinastía Song pode ser dividida en dous períodos: o do Song do Norte (北宋) de 960 a 1127, que se refire ao período en que a capital do Imperio chinés estaba na cidade setentrional de Kaifeng; e o do Song do Sur (南宋), de 1127 a 1279, que comezou cando o Imperio perdeu o control de Kaifeng e do norte da China a mans da Dinastía Jin. Durante este período final, a dinastía levou a súa capital a Hangzhou, ao sur do río Yangtzé.

Tai Tsu e os seus sucesores esforzáronse por reorganizar China despois de máis de cincuenta anos de guerra civil, pero a tarefa era superior ás forzas de que dispoñían. En 1068, Wang An-Shih, primeiro ministro no tempo do emperador Sung Shen Tsung, impulsou unha reforma do goberno, simplificou o sistema de impostos e diminuíu o exército, transformándoo nunha forza de dimensións máis razoábeis.

Porén, estas reformas non foron debidamente executadas, o que abriu o camiño para que os mongois, comandados por Xenxis Khan e despois por Kublai Khan, acabaran por ocupar o país, en 1279. Antes diso, os mongois xa conquistaran o norte da China, acabando coa dinastía Jin en 1234.

As artes da China, durante o período Song, reflicten a moral do país. Os poetas e pintores miraban para o pasado, tentando imitar ou recordar glorias e realizacións pasadas. Foi durante os Song cando se elaborou o Wujing Zongyao, un manual que contén as técnicas e equipamentos militares máis modernos da época. Nesta época xurdiron os contadores de historias profesionais na China, vagando dun lado para outro como os trobadores da Europa Occidental, entretendo aos que conseguían convencer a escoitalos a cambio dalgunhas moedas. Co tempo, estes homes serían os predecesores dos novelistas chineses.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]