Premios María Casares
Os Premios María Casares son uns galardóns entregados anualmente pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia que destacan os mellores espectáculos, actores e actrices e profesionais técnicos da temporada teatral anterior. Concedéronse por vez primeira no ano 1997 e reciben o nome de María Casares debido á que foi a actriz galega con máis éxito internacional de sempre[1]. Os gañadores son decididos por todas as persoas asociadas mediante votación electrónica.
Descrición
[editar | editar a fonte]A gala de entrega realízase no teatro Rosalía de Castro, na Coruña, en datas próximas ao Día Mundial do Teatro (27 de marzo). Os patrocinadores habituais son o Concello e a Deputación da Coruña, a AGADIC, a Fundación AISGE, a SGAE e nos últimos anos contou coa colaboración do Padroado da Cultura do Concello de Narón, do Centro Dramático Galego e de Gadis[2]. Ademais, é emitida a través da primeira canle da Televisión de Galicia e das redes sociais, menos na edición de 2019 que foi transmitida exclusivamente a través da plataforma YouTube.[3]
A mecánica é a habitual deste tipo de entregas, aínda que con varias peculiaridades. Desde o comezo, o obxecto entregado a cada gañadora era unha cunca de Sargadelos coa cara de María Casares, mais en 2019 substituíuse por un deseño da ceramista Paula Pereira.[4] A escenografía, música e guión de cada edición son encargadas a unha compañía ou dirección diferente, realizando representacións entre as entregas e agradecementos. A edición de 2010 foi conducida por Voadora, a de 2014 por Ibuprofeno Teatro[5], a de 2015 por Elefante Elegante[6], a de 2016 por Chévere[7], a de 2018 por Talía Teatro[8] e a de 2019 polos directores Carlos Sante e Juanillo Esteban[9].
En cada edición tamén é lido o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, repasando os resultados da temporada pasada e facendo habitualmente alegacións á melloría das condicións de traballo do gremio e á importancia do sector no universo cultural galego.
Resultados
[editar | editar a fonte]Por compañías, tanto Sarabela Teatro ten 39 galardóns acadados e o Centro Dramático Galego levaba 37 en 2013. Teatro do Atlántico conseguira 18, Teatro de Aquí 14 e Lagarta Lagarta 10.
Por individuos, o iluminador e escenógrafo Baltasar Patiño e o escenógrafo Carlos Alonso teñen once, e a maquilladora Carmela Montero, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, o escritor e actor Avelino González, a directora Ánxeles Cuña e o iluminador, actor e escenógrafo Suso Díaz Seoane, 7.
2020: XXIV[10]
[editar | editar a fonte]A tradicional gala foi suspendida por mor da pandemia da COVID e substituída por unha entrega virtual que se fixo pública a través da rede.
- Bernarda, de Malasombra Producións: espectáculo, texto orixinal (Jose Prieto), actriz secundaria (Celia González) e dirección (Jose Prieto ex aequo).
- O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia: dirección (María Peinado, ex aequo), adaptación-tradución.
- Liberto, de Rebordelos: actriz protagonista (Rocío González), música orixinal (Lucía Aldao).
- Umm! Unha comedia musical para chupar os dedos, de Avento Teatro: espectáculo infantil.
- Idiota, de Redrum Teatro: mellor actor protagonista (Machi Salgado).
- MedidaxMedida, de Producións Teatráis Excénctricas en coprodución co FIOT: mellor actor secundario (Josito Porto).
- Neorretranca e posmorriña, do Centro Dramático Galego: escenografía (Marta Pazos).
- O empapelado amarelo, de A Quinta do Cuadrante: Iluminación (Laura Iturralde).
- Despois das ondas, de ButacaZero: vestiario (Carlos Pinilla)
- Vida de Cans, de Talía Teatro: maquillaxe (Martina Cambeiro).
2021: XXV
[editar | editar a fonte]- A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, catro galardóns: espectáculo, dirección (Gonçalo Guerreiro), actor secundario (Fran Lareu) e adaptación-tradución (Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro).
- Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada, tres: actriz protagonista (Marta Alonso Tejada), iluminación (Laura Iturralde) e dirección (Marta Alonso Tejada ex aequo con Gonçalo Guerreiro).
- Microspectiva dun Marica Millennial, dous: actor protagonista (Davide González) e texto orixinal (Vanesa Sotelo e Davide González).
- Mellor espectáculo infantil: Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández.
- O mozo da última fila, de Redrum Teatro: mellor actriz secundaria (Belén Constenla).
- 32m2, de Butacazero: escenografía (Beatriz de Vega).
- Dreaming Juliet, de Elefante Elegante: vestiario (Diego Valeiras).
- O Premio, de La Quintana Teatro: maquillaxe (Fani Mosqueira)
- A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico;: música orixinal (Vadim Yukhnevich).
2022: XXVI[11]
[editar | editar a fonte]- Cigarreiras, de Contraproducións e Teatre Romea, tres galardóns: ao mellor espectáculo, á dirección (Cándido Pazó) e á escenografía (Dani Trillo).
- Terceiro Acto do Centro Dramático Galego, dous galardóns: actriz protagonista para Belén Constenla e actor protagonista para Eduard R. Cunha Tatán.
- Dous para Comando Comadres, de Matrioshka Teatro (actriz secundaria para Anabell Gago e maquillaxe para LaPelu F. Silva)
- Dous para Othello, de Voadora (iluminación para Nuno Meira e vestiario para Silvia Delagneau).
- Mellor espectáculo infantil: Hugo, de Os Náufragos Teatro.
- A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante: premio á adaptación-tradución para Vanesa Sotelo.
- Premio do texto orixinal: A parábola do angazo, de Talía Teatro, cuxa autoría comparten Marta Lado, Araceli Gonda, Jose Prieto, Artur Trillo, Séchu Sende e Diego Rey.
- A cazola de Lola, de Tanxarina: música orixinal, que asina Ailén Kendelman.
- Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro: actor secundario, que recoñeceu a Fernando Dacosta
- Premio de Honra Marisa Soto a Lino Braxe.
2023: XXVII[12]
[editar | editar a fonte]- As que limpan da Panadaría levou catro galardóns, o de mellor espectáculo, mellor dirección (Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro), mellor texto orixinal (Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro) e mellor actriz protagonista (Noelia Castro).[13]
- O porco de Pé ( Producións Teatráis Excéntricas), acadou tres galardóns (adaptación-tradución para Quico Cadaval e Pepe Sendón, vestiario para Carlos Alonso e actor secundario para Evaristo Calvo).
- Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro, dous (espazo sonoro para Mon Orencio e actor protagonista para Josito Porto).
- Outros dous foron para Ás oito da tarde, cando morren as nais do Centro Dramático Galego (espazo escénico para Blanca Añón e dirección de movemento para Rut Balbís, este último ex aquo).
- O deus do pop, de Diego Anido, utros dous (Iluminación para Montse Piñeiro, Raquel Hernández e Pedro Fresneda e dirección de movemento para o propio Diego Anido e Guillermo Weickret, este último ex aquou).
- Xela contra o dragón Traga-Verbas (Tïteres Cachirulo) gañou na nova categoría de monicreques, obxectos e figuras animadas.
- No apartado de espectáculo infantil gañou Caramuxo Teatro con A nena que vivía nunha caixa de mistos.
- Papagena, de ButacaZero (maquillaxe para Diego Valeiras)
- A peste, do Centro Dramático Galego (actriz secundaria para María Roja).
2024: XXVIII[14]
[editar | editar a fonte]- Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, gañou sete galardóns: mellor espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actriz protagonista, actor secundario, espazo escénico e iluminación.
- O Auto do Castromil de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG dous: dirección e vestiario.
- Deadpan Karaoke, de Ibuprofeno Teatro, dous: maquillaxe e espazo sonoro.
- Nanai da China, de Pérez&Fernández, mellor espectáculo de monicreques.
- Crisálida, de Caramuxo Teatro, o mellor espectáculo infantil.
- O premio á dirección compartírono Quico Cadaval (O Auto do Castromil) e Tito Asorey (Unha inimiga do pobo),
- Actriz protagonista: Marta Lado (Unha inmiga do pobo),
- Actor protagonista: Toni Salgado (Shakespeare en Roma, do CDG),
- Actriz secundaria: María Roja (Entrega en Man, de Contraproducións)
- Actor secundario: Toño Casais (Unha inimiga do pobo).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Por que María Casares?". AAAG. Consultado o 09/03/2018.
- ↑ "Os premios". AAAG. Consultado o 09/03/2018.
- ↑ erregueté (2019-03-13). "A TVG non retransmitirá a gala dos Premios María Casares". Erregueté. Consultado o 2019-03-21.
- ↑ erregueté (2019-02-16). "Paula Pereira crea o trofeo dos Premios María Casares que substitúe as xerras de Sargadelos". Erregueté. Consultado o 2019-03-21.
- ↑ "A gala dos María Casares transformarase nun furancho ideado por...". www.aaag.gal. Consultado o 2018-03-09.
- ↑ "A compañía Elefante Elegante conducirá a gala de entrega dos...". www.aaag.gal. Consultado o 2018-03-09.
- ↑ "Chévere conducirá a gala dos XX Premios de Teatro María Casares". www.aaag.gal. Consultado o 2018-03-09.
- ↑ "Talía Teatro conducirá a gala dos XXII Premios María Casares". www.aaag.gal. Consultado o 2018-03-09.
- ↑ erregueté (2019-03-07). "Carlos Sante e Juanillo Esteban dirixirán a gala dos Premios María Casares". Erregueté. Consultado o 2019-03-21.
- ↑ "Os XXIV Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras e...". aaag.gal. Consultado o 2024-03-22.
- ↑ culturagalega.org (2022-06-03). "O palmarés da XXVIª edición quedou moi repartido destacando os tres galardóns á montaxe 'Cigarreiras'". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2024-03-22.
- ↑ "A Panadaría triunfa nuns María Casares 2023 moi repartidos Erregueté". erreguete.gal. 2023-03-31. Consultado o 2024-03-22.
- ↑ Marcos Pérez Pena (31 de marzo de 2023). "Os María Casares premian as mulleres "invisibles" con 'As que limpan' nunha gala que criticou a "falta de respecto" da CRTVG". Praza Pública. Consultado o 1 de abril de 2023.
- ↑ "Premios de Teatro María Casares". www.aaag.gal. Consultado o 2024-03-22.