[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pilar Miró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPilar Miró

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pilar Mercedes Miró Romero Editar o valor en Wikidata
20 de abril de 1940 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de outubro de 1997 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturavalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Director general of RTVE (en) Traducir
23 de xuño de 1986 – 13 de xaneiro de 1989
← José María CalviñoLuis Solana (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine, dirección teatral, realização de televisão (pt) Traducir, guión cinematográfico, Actuación e Produción de cinema Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirectora de cinema, política, realizadora, produtora, guionista, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata -
Participou en
19931993 Cannes Film Festival (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteWomen film directors : an international bio-critical dictionary (en) Traducir
The St. James women filmmakers encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0592636 Allocine: 6054 Allmovie: p103035
BNE: XX1720938 Dialnet: 120641 Find a Grave: 6955060 Editar o valor en Wikidata

Pilar Miró Romero, nada en Madrid o 20 de abril de 1940 e finada na mesma localidade o 19 de outubro de 1997 como consecuencia dun ataque ó corazón, foi unha directora e realizadora de cinema e televisión de orixe catalá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Miró cursou estudos universitarios de xornalismo e Dereito, e licenciouse pola Escola Oficial de Cinematografía, onde posteriormente exercería a docencia impartindo clases de montaxe e guión.

A súa carreira en televisión comezou en 1960, cando empeza a traballar como auxiliar de redacción. Tres anos despois realizaría o seu primeiro traballo para televisión, Revista para la mujer e Lili, unha telenovela de cinco episodios coa que daba comezo a unha lista que abrangue máis de douscentos títulos que inclúen proxectos dramáticos, informativos, publicitarios e musicais durante máis de vinte anos vinculada ó medio.

Antes de dirixir a súa primeira película, fíxoo en varias obras de teatro. Tamén participou no guión doutras cintas coma La niña de luto (1964) ou El juego de la oca (1966), ambas dirixidasd por Manuel Summers.

O seu debut como directora en cinema sería con La petición, no ano 1976 e que constituía a adaptación dunha novela de Émile Zola. Pouco despois rodaría El crimen de Cuenca (1980), película que chegou a ser prohibida durante uns meses polas autoridades militares, o cal contribuíu a que no momento da estrea se convertese nun verdadeiro éxito de portelo.

Os seus inicios na súa faceta de directora de televisión, porén, remóntanse a máis dunha década antes. Foi en 1962 cando foi unha das directoras de Novela, para TVE. A este proxecto seguiríanlle outras moitas series televisivas entre as que cabe salientar múltiples Estudio 1 ou Curro Jiménez (1976), tamén para TVE, canle á que estivo ligada toda a súa actividade profesional televisiva, chegando a ocupar entre 1986 e 1989 o posto de Directora Xeral de Radiotelevisión Española (RTVE).


Predecesor:
José María Calviño
 Director Xeral de RTVE 
1986 - 1989
Sucesor:
Luis Solana

Tamén foi nesta canle onde se encargou, dada a boa relación que sempre a unira ós reis de España, da realización para televisión das vodas das dúas infantas Elena e Cristina de Borbón en 1995 e 1997. Faleceu poucos días despois desta última.

A súa traxectoria en cine complétase con outras películas como Gary Cooper que estás en los cielos (1980), a súa cinta máis autobiográfica, na que narra a historia dunha muller madura que decide facer balance da súa vida antes de someterse a unha operación cirúrxica (pouco antes, tamén ela sufrira unha operación de corazón); Beltenebros (1991), adaptación da novela de Antonio Muñoz Molina e unha das súas películas máis aclamadas pola crítica; El pájaro de la felicidad (1992); Tu nombre envenena mis sueños (1996) ou El perro del hotelano (1997), o seu último traballo cinematográfico, co que gañou un Premio Goya á mellor dirección.

Ocupou tamén o cargo de Directora Xeral de Cinematografía que desempeña ata a súa dimisión en 1986, cando puxo en marcha a chamada Lei Miró de subvencións anticipadas e de protección á cinematografía española.

Recibiu multitude de premios tanto nacionais coma internacionais. Ademais de como realizadora e directora, tamén traballou como guionista, produtora e, na década dos 60, fixo algúns pequenos papeis como actriz.

Vida privada

[editar | editar a fonte]

En canto á súa vida persoal, tivo un fillo, Gonzalo Miró, de cuxo pai nunca quixo revelar a identidade. Á súa morte, quixo que o titor do rapaz fose o seu grande amigo e expresidente do goberno español, Felipe González.

Sufría unha grave doenza cardíaca que a obrigou a someterse a operacións cirúrxicas en varias ocasións e que foi o causante da súa morte en 1997.

En 2006, o crítico de cine Diego Galán publicou unha biografía de Pilar Miró, co nome da cineasta como título, que contou co apoio do seu fillo.

A Academia das Ciencias e as Artes da Televisión de España convoca anualmente un premio que leva o nome desta directora, o Premio Pilar Miró de guións de películas para televisión.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Como directora

[editar | editar a fonte]

Como guionista

[editar | editar a fonte]

Como actriz

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]

Como directora

[editar | editar a fonte]

Como guionista

[editar | editar a fonte]

Como actriz

[editar | editar a fonte]

-1970: Premio ó seu labor televisivo.

-1976: Premio Revelación á mellor dirección por La petición.

-1976: Premio ó mellor guión por La petición.

-1980: Premio á mellor dirección por Gary Cooper que estás en los cielos.

-1981: Mellor película española por Gary Cooper, que estás en los cielos.

-1981: Candidata ó Oso de Ouro por El crimen de Cuenca. -1992: Candidata ó Oso de Ouro por Beltenebros.

-1988: Mellor dirección por Werther.

-1992: Mellor directora por Beltenebros.

-1996: Premio á mellor película por El perro del hortelano.

-1996: Mellor Guión Adaptado por El perro del hortelano.

-1996: nomeada á Cuncha de Ouro por Tu nombre envenena mis sueños. -1997: Premio ó seu labor profesional.

-1981: Candidata por Gary Cooper, que estás en los cielos.

-1996: Premio Goya ó mellor guión adaptado por El perro del hortelano.

-1996: Premio Goya á mellor dirección por El perro del hortelano.

-1996: Premio Goya á mellor película por El perro del hortelano.

-1991: Candidata ó Premio Goya ó mellor guión adaptado por Beltenebros.

-1991: Candidata ó Premio Goya á mellor dirección por Beltenebros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]