Picaña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
A picaña é, orixinariamente, un tipo de corte de carne bovina. Recentemente, o aumento da variedade de cortes de carnes porcinas fixo xurdir a chamada picaña porcina. A picaña está localizada na parte traseira do animal.
A picaña é moi apreciada, sendo considerada nalgúns países a mellor parte da vaca. É un prato moi popular en Suramérica, especialmente no Brasil.
Orixe
[editar | editar a fonte]Algúns cociñeiros brasileiros aseguran que a picaña é orixinaria do Rio Grande do Sur, estado brasileiro coñecido polos seus churrascos.
Modos de preparación
[editar | editar a fonte]No espeto
[editar | editar a fonte]Cando é asada no espeto, vanse cortando filetes, "pelando" a peza de carne aínda espichada no espeto, que volverá ás brasas para que se siga cociñando a parte máis interna.
Na grella
[editar | editar a fonte]Chamada picanha Brucutu no sur do Brasil, córtase a peza de carne en talladas do grosor suficiente para poder manterse verticais na grella. Ásase coa graxa na parte de abaixo, e unha vez que a graxa está suficientemente derretida e crocante, dóuranse os dous lados do filete durante 5 ou 10 segundos. Nese momento, fanse novos cortes en cada tallada, desta vez transversalmente. Dóuranse novamente os laterais e sálgase ao gusto.
A coñecida como picanha dois tombos tamén é preparada na grella. Basta con cortar filetes da peza de carne e colocalos na grella sen ningún adobo. Así que se note que a carne verte unha "suor" na parte de enriba, adóbase unicamente con sal groso e vírase.
Información nutricional
[editar | editar a fonte]Valor calórico | 323 kcal | 13% |
Carbohidratos | 1,92 g | 1% |
Proteínas | 18,99 g | 38% |
Graxas totais | 26,59 g | 0% |
Graxas saturadas | 8,67 g | 35% |
Colesterol | 51,03 mg | 17% |
Fibras | 0 g | 0% |
Calcio | 9,21 mg | 1% |
Ferro | 2,34 mg | 17% |
Sodio | 58,61 mg | 2% |
Obs: Valores referidos a unha porción de 100 g de carne de picaña de animais do Brasil, e porcentuais diarios referidos a unha dieta de 2.500 calorías.