[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Permanent Waves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Permanent Waves
Álbum de Rush
Publicado14 de xaneiro de 1980
Gravaciónsetembro - outubro de 1979
Estudio(s)Le Studio, Morin-Heights, Quebec
Duración36:05
Xénero(s)rock progresivo, new wave
Selo(s)Anthem Records
ProdutorRush, Terry Brown
Cronoloxía
Rush Through Time
(1979)
Permanent Waves Moving Pictures
(1981)
Na rede
Spotify: 3nUNxSh2szhmN7iifAKv5i Discogs: 7540 Allmusic: mw0000195594 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Permanent Waves é o sétimo álbum de estudio da banda canadense de rock progresivo Rush, publicado o 14 de xaneiro de 1980 a través do selo Anthem Records. Tras xirar para promocionar o seu anterior álbum, Hemispheres (1978), o grupo comezou a traballar en material novo en xuño de 1979. Este material amosaba un cambio no son da banda cara arranxos máis concisos e cancións máis axeitadas para a radio (como "The Spirit of Radio" e "Freewill"), aínda que o seu estilo de rock progresivo aínda é evidente en "Jacob's Ladder" e no tema de case dez minutos "Natural Science". O baixista/vocalista Geddy Lee tamén empregou unha voz máis restrinxida en comparación con álbums anteriores. Permanent Waves foi o primeiro dos sete álbums de estudo que a banda gravou en Le Studio en Morin-Heights, Quebec, coa produción a cargo do grupo e Terry Brown.

Permanent Waves tivo unha acollida na súa maioría positiva da crítica, e converteuse no álbum máis exitoso da banda no momento do seu lanzamento, alcanzando o número 3 en Canadá e Reino Unido[1] e o número 4 nos Estados Unidos.[2] O álbum foi certificado platino neste último pola Recording Industry Association of America por vender un millón de copias.[3] Rush lanzou "The Spirit of Radio" como sinxelo en febreiro de 1980 e fixo unha xira de promoción do álbum en 1980.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Neil Peart agás "Different Strings" por Geddy Lee. Toda a música composta por Lee e Alex Lifeson.

Cara 1
N.º Título Duración
1. "The Spirit of Radio"   4:58
2. "Freewill"   5:23
3. "Jacob's Ladder"   7:50
Cara 2
N.º Título Duración
1. "Entre Nous"   4:37
2. "Different Strings"   3:50
3. "Natural Science"
  • I: "Tide Pools"
  • II: "Hyperspace"
  • III: "Permanent Waves"  
9:27
  1. "Official Albums Chart on 27/1/1980". Official Charts (en inglés). Consultado o 2024-08-11. 
  2. "Rush". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-08-11. 
  3. "Gold & Platinum". RIAA (en inglés). Consultado o 2024-08-11.