Perfecto Conde Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1847 Celanova, España |
Morte | 1 de decembro de 1903 (56 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, profesor universitario |
Perfecto Conde Fernández, nado en Celanova o 1 de decembro de 1847 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1903, foi un médico e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Juan Conde Calvete, avogado e administrador dos condes de Ximonde e de María del Carmen Fernández Torrado. En 1861 cursou os estudos de bacharelato no Instituto de Santiago, comenzando a licenciatura de Medicina en 1866 na Facultade compostelá, culminando co grao de doutor o 23 de xuño de 1873 na mesma Universidade.
Foi profesor de Histoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e despois catedrático de Histoloxía, Histoquímica e Anatomía patolóxica da Facultade de Medicina da mesma universidade do 26 de decembro de 1892 ao 30 de decembro de 1903.[1]
Casou no Pazo de Anzobre con Elisa Puga Blanco[2], irmá de Luciano Puga Blanco[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ramón Varela de la Iglesia. Positivismo e Histología en Fonseca". Fernández Teijeiro, Juan José. Tese de doutoramento, publicada pola Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ Blanco Rey, Manuel (1999). "D. Luciano Mª Puga Blanco (1842-1899): un personaje rescatado del olvido" (PDF). Anuario Brigantino 22: 189–206. Consultado o 17 de decembro de 2012. (en castelán)
- ↑ "O proceso penal a Manuel Curros Enríquez", por Benito Montero Prego. Consello de Cultura Galega. Colexio de Avogados de Ourense
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sobre o Pazo de Ramirás Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
- Sobre a vida académica Perfecto Conde[Ligazón morta].