Pepe Iglesias
Nome orixinal | José Juan Iglesias del Castillo y Díaz de la Serna |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1955 Madrid, España |
Morte | 30 de abril de 2020 (64/65 anos) Salinas, España |
Formación profesional | Veterinaria |
Actividade | |
Ocupación | gastrónomo, escritor, hostaleiro, xornalista |
Premios | |
Véxase o texto |
José Juan Iglesias del Castillo y Díaz de la Serna, máis coñecido como Pepe Iglesias, nado en Madrid[1] en 1955,[2] e finado o 30 de abril de 2020 en Salinas (Castrillón, Asturias)[2][3] foi un gastrónomo, escritor, hostaleiro e xornalista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Segundo el mesmo deixou dito na súa páxina web,"Enciclopedia de gastronomía",[4] naceu entre cazolas, xa que a súa nai foi unha das mellores cociñeiras do país, até o punto de que o seu pai, doutor en Medicina, consciente desas virtudes, abandonou a súa clínica e a cátedra na Facultade de Medicina de Madrid para poñer un restaurante. A pesar de non ter estudado formalmente nada relativo á hostalaría (o máis próximo foi a bromatoloxía na Facultade de Veterinaria), Pepe Iglesias desde neno foi hostaleiro.[5]
Labor como periodista gastronómico
[editar | editar a fonte]Tras un accidente familiar en 1976, no que faleceron seus pais e seu irmán, Pepe Iglesias deixou os estudos de Veterinaria, e acabou dedicándose aos negocios da familia, que eran principalmente de hostalaría.[1]
Durante unha década dedicouse aos diferentes aspectos do gremio, incluso politicamente, xa que foi Secretario Xeral da Agrupación de Restaurantes de Madrid. A finais dos anos 1980, con todos os recoñecementos e premios propios desa profesión, e tamén con máis de medio cento de traballadores e todo e estrés da gran cidade, decidiu retirarse a Asturias.[2]
A principios dos anos 1980, cando España comezaba a tomar en serio a gastronomía, Iglesias iniciouse na análise sensorial a través duns cursos de cata que impartía o Departamento de Posgraduados da Escuela Técnica Superior de Ingeniería Agronómica, Alimentaria y de Biosistemas da Universidade Complutense de Madrid, de onde saíron a maioría dos catadores actuais.[5] Desde entón exerceu con rigor a crítica enogastronómica, que compaxinou cunha prolixa produción editorial e colaboracións habituais en medios de comunicación especializados como "PlanetaVino", e tamén xeneralistas, así como en Internet (posuía a web www.enciclopediadegastronomia.es).[3]
En 1990 retirouse, par ter unha vida máis tranquila á praia de Salinas, cerca de Avilés, onde ten unha casa coa súa esposa, a doutora María. Pepe é crítico de restaurantes e escritor sobre as comidas e os viños. A xente envíame moitas receitas súas, que tiran de revistas e periódicos españois.[1]
En 1991 contraeu varios compromisos serios, como a sección "Gastronomía V Centenario" na revista Club de Gourmets no ano 1992, o espazo "El Horno de Pepe Iglesias" en Radio Ribadeo da Cada COPE, as seccións "Catavinos" e "Cartas a un amigo cocinero" en El Correo Gallego e, sobre todo, o suplemento semanal de gastronomía do xornal El Progreso, un caderniño dominical de catro páxinas.[5]
Pepe Iglesias foi unha da plumas máis mordaces da gastronomía asturiana desde os anos 1990, cando comezou a colaborar nos xornais El Comerio de Xixón e La Voz de Avilés.[2]
A antropóloga cultural británica Claudia Roden, que escribe libros de cociña, dixo de Pepe Iglesias:
Estando eu con Jane Kramer, que escribía para a revista The New Yorker, e que decidíramos só uns días antes irmos a Asturias, un par de chamadas telefónicas a un amigo leváronme a Pepe, o "embaixador" da gastronomía asturiana. El gastou tempo para conducirnos polas escarpadas montañas, ao longo dos rápidos ríos e a través dos bosques dos fantasticamente fermosos Picos de Europa.Claudia Roden, The Food of Spain.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Iglesias publicou uns vinte libros, dos cales os máis destacados son La cocina masónica un estudo sobre a cociña masónica e a historia, os rituais e as tradicións de mesa da masonaría, e Comer con vino, sobre a maridaxe da comida co viño. Porén, é máis famoso pola súa virtual Enciclopedia de Gastronomía, onde dá receitas, publica artigos e mantén chats sobre a comida e o viño.[1]
Ademais, publicou outros tantos en colaboración con outros escritores. Foi un gran divulgador do patrimonio gastronómico, especialmente da gastronomía de Asturias.[3]
Libros da súa autoría
[editar | editar a fonte]- A cociña do outono (Xerais, 1994).
- A cociña do inverno (Xerais, 1995).
- A cociña da primavera (Xerais, 1995).
- A cociña do verán (Xerais, 1995).
- La cocina de La Palloza (El Progreso, 1995).
- La cocina de otoño (Alianza, 1996).
- La cocina de verano (Alianza, 1997).
- La cocina masónica (Alianza, 1997).
- Asturias gastronónica (Madú, 2003).
- Asturias gastronómica 2003/2004 (A.G., 2002).
- Asturias gastronómica 2005/2006 (A.G., 2004).
- Mis mejores escapadas de golf y gastronomía (A.G., 2006).
- Comer con vino, maridajes de la buena mesa española (A.G., 2008).
- La bodega en casa y sus maridajes (A.G., 2010).
- Un vino para cada pincho, maridajes de la cocina canalla (A-G., 2012).
- Maridajes de vinos españoles con cocinas exóticas (A.G., 2015).
Libros en colaboración con outros autores
[editar | editar a fonte]- Guía práctica de los quesos de España (1985).
- Comer y contar (1992).
- Elogio del curadillo (1998).
- Elogio de la merluza del pincho (1999).
- A pedir de boca (1999).
- Asturias, paisajes con sabor (2001).
- Elogio del pixín (2002).
- La dieta del Cantábrico (cap. Vinos).
- Quesos de España (Prólogo).
- Guía mesas de Asturias.
- Cofradía del sabadiego.
- Cofradía de los Nabos.
- Bocadillos, sándwiches y tostas (Prólogo).
- Enoturismo en la Ribera del Duero.
- El libro del pachucho.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1983. Cordón de Prata da gastronomía española, Medalla de bronce da Cruz Roja Española, y Caballero de la Orden del cava Codorníu.
- 1984. Maître de la Chaîne des Rotisseurs, Diploma del Ministerio de AA. EE. de Colombia, membro de honor do RAC de Belgique.
- 1996. Sardina de prata de Luanco.
- 1997. Curadillo en Cudillero e Bonito de Ouro en Candás.
- 1998. Pluma de plata da Asociación de libreros de Gijón.
- 2000. Premio nacional de periodismo Condado de Noreña.
- 2006: Gourmand Cookbook Awards á guía Asturias gastronómica.
- 2006: Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, no apartado de mellor páxina web dedicada ao mundo da gastronomía.[6]
- 2007: Gourmand Cookbook Awards á Guía de Golf y Gastronomía.
- 2009: Best Book on Matching Food and wine of de World a Comer con vino.
- 2011: Gourmand Cookbook Awards a La bodega en casa.
- 2012: Gourmand Cookbook Awards a Un vino para cada pincho, maridajes de cocina canalla.
- 2015: Gourmand Cookbook Awards a Maridajes de vinos españoles con cocinas exóticas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Claudia Roden (2011): The Food of Spain. Nova York, NY, USA: Harper Collins Publ. USA. ISBN 978-0-0619-6962-1.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Puga, J. M. (3 de xuño de 2020,). "Adiós a Pepe Iglesias, el gran inspirador de la cocina asturiana". El Comercio. Consultado o 24 de decembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 SeVi (3 de xuño de 2020). La Semana Vitivinícola, ed. "Fallece Pepe Iglesias, histórico divulgador enogastronómico". www.sevi.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2020. Consultado o 24 de decembro de 2020.
- ↑ "Quiénes Somos". enciclopediadegastronomia.es (en castelán). 26 de xullo de 2016. Consultado o 24 de decembro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Enciclopedia de gastronomía".
- ↑ "El periodista coruñés Henrique Mariño gana el XII Premio de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro" [... En el apartado de mejor página web dedicada al mundo de la gastronomía, dotado económicamente con 1.000 euros, el ganador fue José Iglesias del Castillo, como artífice da páxina web www.pepeiglesias.net. Europapress / Galicia