[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pepe Carvalho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pepe Carvalho
Primeira aparición Yo maté a Kennedy. Impresiones, observaciones y memorias de un guardaespaldas (1972) / Tatuaje (1974, 1976 en cine).
Última aparición Milenio Carvalho (póstuma)
Creador(es) Manuel Vázquez Montalbán
Interpretado por Eusebio Poncela, Juan Diego, Juanjo Puigcorbé, Carlos Ballesteros, Patxi Andión, Omerto Antonutti, Juan Luis Galiardo, Constantino Romero
Información
Especialidade Investigación e gastronomía
Ocupación Detective privado
Aliados Biscuter e outros
Residencia Barcelona
Nacionalidade galega/española
Manuel Vázquez Montalbán, creador de Pepe Carvalho.

Pepe Carvalho é o protagonista dunha serie de novelas de ficción escritas por Manuel Vázquez Montalbán.

Características

[editar | editar a fonte]

De orixe galega, Carvalho é un atípico detective privado de personalidade rica, complexa e contraditoria. As súas aventuras serviron ó autor para retratar, e decotío criticar, a situación política e cultural da mudante sociedade española da última metade do século XX. Por exemplo, o proceso autodestrutivo do Partido Comunista nos primeiros tempos da transición descríbese en Asesinato en el comité central, a caída do felipismo nos anos 90 é o pano de fondo de El Premio, ou o discutido proceso de transformación de Barcelona con motivo das Olimpíadas de 1992 está presente en Sabotaje Olímpico

A saga de Carvalho tivo o seu punto final coa publicación póstuma de Milenio Carvalho, onde o protagonista, acompañado do seu inseparable Biscuter, autoimponse unha última aventura en forma de volta ó mundo que acaba converténdose nunha mirada amarga e melancólica sobre a situación sociopolítica mundial e o paso do tempo.

Carvalho foi na súa mocidade (durante os anos 50) militante do Partido Comunista. O seu activismo contra o réxime franquista levouno ó cárcere. Desenganado do comunismo, cada vez máis desencantado e sempre contraditorio, acabou exercendo durante catro anos como axente da CIA.

A paixón gastronómica de Carvalho e Biscuter é a mesma que sentía o autor, polo que non faltan nas novelas apaixonadas descricións culinarias dos pratos máis diversos.

Home de vasta cultura, outro chocante trazo da súa personalidade é a súa cínica afección por condenar á fogueira libros da súa nutrida biblioteca desde comezos da década de 1970.

Malia a súa orixe galega, Barcelona é a súa cidade. Se ben é un gran viaxeiro e moitas das súas aventuras transcorren noutros lugares, a importancia do personaxe deu á capital catalá un aire de cidade literaria mítica que tanto apreciaba o propio Carvalho noutras cidades, como o Singapur de William Somerset Maugham.

Adaptacións para a pantalla

[editar | editar a fonte]

Diversas novelas protagonizadas por Carvalho foron adaptadas para a televisión, sen excesivo éxito nin de crítica nin de público. Primeiro, nunha serie de TVE protagonizada por Eusebio Poncela nos anos 80. Posteriormente nunha serie hispano-arxentina cancelada logo do primeiro episodio, con Juan Diego no papel de Carvalho. Máis recentemente, nunha serie italo-española de 10 episodios protagonizada por Juanjo Puigcorbé.

Realizáronse catro adaptacións ó cine:

Ademais, en 1985[1] realizouse a película Olímpicamente mort directamente para o mercado televisivo onde Constantino Romero interpretaba ó detective e o propio Vázquez Montalbán era o narrador. A película tamén contou coa dirección de Manuel Esteban e coa aparición estelar do escritor español de novela negra Andreu Martín.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Yo maté a Kennedy. Impresiones, observaciones y memorias de un guardaespaldas (1972)
  • Tatuaje (1974)
  • La soledad del manager (1977)
  • Los Mares del Sur (1979)
  • Asesinato en el comité central (1981)
  • Los pájaros de Bangkok (1983)
  • La Rosa de Alejandría (1984)
  • El balneario (1986)
  • Historias de fantasmas (1987)
  • Historias de padres e hijos (1987)
  • Tres historias de amor (1987)
  • Historias de política ficción (1987)
  • Asesinato en Prado del Rey y otras historias sórdidas (1987)
  • El delantero centro fue asesinado al atardecer (1988)
  • Las recetas de Carvalho (1989)
  • El laberinto griego (1991)
  • Sabotaje olímpico (1993)
  • El hermano pequeño (1994)
  • Roldán, ni vivo ni muerto (1994)
  • El premio (1996)
  • El caso de la muchacha que pudo ser Enmmanuelle (1997)
  • Quinteto en Buenos Aires (1997)
  • El hombre de mi vida (2000)
  • Rumbo a Kabul (Milenio Carvalho, Vol. 1) (2004)
  • En las antípodas (Milenio Carvalho, Vol 2) (2004)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]