[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Península de Arabia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Península Arábiga»)
Modelo:Xeografía físicaPenínsula de Arabia
(ar) شبه الجزيرة العربية Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipopenínsula
rexión cultural
provincia Editar o valor en Wikidata
Parte deOriente Medio Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaPlaca Arábica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativasen valor Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 23°N 46°L / 23, 46
Bañado porGolfo de Aqaba, Mar Vermello, Mar Arábigo, Golfo Pérsico, Océano Índico, Estreito de Ormuz e Golfo de Omán Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira conLevante mediterráneo
Mesopotamia Editar o valor en Wikidata
Características
Punto máis altoJabal an Nabi Shu'ayb (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (3.666 m Editar o valor en Wikidata )
AtravesaArabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Omán, Iemen, Bahrain, Kuwait, Iraq e Xordania Editar o valor en Wikidata
Superficie3.200.000 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451121

Arabia é unha vasta península localizada en Oriente Medio, na unión de África e Asia, ao leste de Etiopía e ao norte de Somalia, ao sur de Palestina, Xordania e Mesopotamia, e ao suroeste do Irán. É unha rexión maioritariamente de clima desértico que forma o deserto de Arabia e é tamén coñecida como Península Árabe ou Arábica.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A península de Arabia limita co mar Vermello e mailo golfo de Aqaba ao suroeste, co mar Arábigo ao sueste e co golfo de Omán e mailo golfo Pérsico ao nordés.

Está conformada polos seguintes países:

  • Arabia Saudita (1 960 582 km², 24 300 000 habitantes)
  • Iemen (527 970 km², 20 000 000 habitantes)
  • Omán (212 460 km², 3 000 000 habitantes)
  • Emiratos Árabes Unidos (83 600 km², 3 500 000 habitantes)
  • Kuwait (17 820 km², 4 460 000 habitantes)
  • Qatar (11 437 km², 770 000 habitantes)
  • Bahrain (665 km², 670 000 habitantes)

Arabia Saudita é o país de maior superficie dentro de Arabia, por iso ás veces confúndese o nome da península completa con este país que, alén diso, exerce unha grande influencia sobre os seus veciños.

A rexión foi tradicionalmente habitada por pobos nómades, debido a que a escaseza de auga e a aridez do chan, transforman a rexión nun lugar inhóspito para a agricultura. Durante moitos anos, a maior parte dos países que a compoñen estiveron atrasados en canto á tecnoloxía. No século XX, o achado de enormes reservas de petróleo e gas natural na península permitiu aos países fomentar un importante desenvolvemento económico, e as súas casas reais atópanse entre as máis ricas do mundo.

A pesar do crecemento debido á exportación do petróleo, a inestabilidade política da rexión e o aínda incipiente desenvolvemento das áreas económicas non relacionadas coa exploración de hidrocarburos fan perigar o futuro da rexión cando as reservas comecen a esgotarse.[Cómpre referencia]

A pesar dos avances, produto do petróleo, hoxe en día os beduínos continúan levando a súa vida errante, aínda que en moitos casos substituíran os camelos por vehículos con motor e moitos dos seus membros, que ven perigar o futuro desta forma de vida, emigraron ás cidades. Mesmo o propio goberno tratou de incentivar a estes grupos para que se asenten nalgunha urbanización.

Medina e A Meca, as dúas cidades sagradas do islam atópanse en Arabia. Os musulmáns deben peregrinar a Meca canto menos unha vez na súa vida, polo cal cada ano chegan centos de milleiros de musulmáns de todo o mundo a visitar a cidade.