[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pedúnculo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedúnculo dunha cymbalaria muralis.

En botánica chámase pedúnculo ao rabecho que sostén unha flor, inflorescencia ou un froito trala súa fecundación.[1]

Posúe a estrutura dun talo e é responsable da sustentación e condución do zume ás flores. Conéctase co raque da inflorescencia na base. Raramente presenta ramificacións ou estruturas de orixe foliar. Na súa ausencia, as flores son sésiles. Unha compresión ou cambios na consistencia do pedicelo poden influír nas características reprodutivas das flores.

Provén do latín científico pedunculus, e este é diminutivo do latín pes, pedis ''.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pedúnculo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]