[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Paseo do Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Paseo del Prado»)
Modelo:Xeografía físicaPaseo do Prado
Imaxe
Tipopaseo
boulevard (pt) Traducir
rúa Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRetiro, España Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°24′51″N 3°41′37″O / 40.4142, -3.6936
Conéctase conCalle de Alcalá
Plaza del Emperador Carlos V (en) Traducir
calle de Atocha (pt) Traducir
plaza de Cánovas del Castillo (pt) Traducir
Cuesta de Moyano, Madrid (en) Traducir
Calle de los Madrazo, Madrid (en) Traducir
Calle de Zorrilla (pt) Traducir
Plaza de la Lealtad (en) Traducir
Calle de Montalbán, Madrid (en) Traducir
Calle del Gobernador (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1,1 (lonxitude) km
Ben de interese cultural
TipoMonumentos do patrimonio histórico de España
Data4 de novembro de 1999
IdentificadorRI-51-0004725

O paseo do Prado é o xardín histórico urbano máis antigo de Madrid, declarado Ben de interese cultural e un dos seus paseos máis importantes e coñecidos. Articúlase segundo un eixe norte-sur, dende a praza de Cibeles ata a praza do Emperador Carlos V, popularmente coñecida como glorieta de Atocha. Á metade do seu percorrido conflúe coa praza da Lealdade e coa praza de Cánovas del Castillo, onde se sitúa a fonte de Neptuno.

Xunto cos paseos da Castellana e Recoletos, que se estenden ao norte, conforma un dos principais eixes viarios da cidade, ao conectar a zona setentrional desta coa meridional.

No terreo cultural, o paseo do Prado alberga un dos principais focos museísticos de España. Nel sitúanse os museos do Prado e Thyssen-Bornemisza e nas súas inmediacións áchase o Centro de Arte Raíña Sofía, promovidos turisticamente baixo a denominación de Paseo ou Triángulo da Arte.

Neste paseo tamén se encontran diferentes monumentos e recintos de interese histórico-artístico, levantados no século XVIII dentro do proxecto urbanístico do Salón do Prado, ademais de numerosos motivos ornamentais e paisaxísticos. Destacan o Edificio Villanueva, sede principal do Museo do Prado, o Real Xardín Botánico e os conxuntos escultóricos das fontes de Neptuno, Cibeles e Apolo.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]