Partus sequitur ventrem
Partus sequitur ventrem | |
---|---|
Lexislación / Doutrina | Regra / Doutrina legal |
Lingua | Latín (posteriormente, traducións a outras linguas) |
Localización | Colonias británicas en Norteamérica, posteriormente Estados Unidos, e lexislacións similares noutras colonias doutros imperios europeos |
Función | Determinar o status legal dos fillos nacidos de mulleres escravas nas colonias e, máis tarde, nos Estados Unidos. O status dun neno seguía o da súa nai. |
Partus sequitur ventrem (literalmente: "o que nace segue o ventre"; tamén partus) foi unha doutrina legal aprobada na Virxinia colonial en 1662 e noutras colonias da coroa inglesa nas Américas que definía o estatuto legal dos nenos nacidos alí; a doutrina obrigaba a que os fillos de nais escravas herdarían a condición legal das súas nais, independentemente do estado do pai. Como tal, os fillos de mulleres escravas nacerían como escravos.[1] Isto abriu a porta para que os propietarios masculinos brancos violasen e abusasen das mulleres escravas sen temor a repercusións legais, pois os fillos destas relacións permanecerían na escravitude, redefinindo e convertendo as mulleres negras non só en traballadoras gratuítas senón tamén en capital ilimitado, que podían producir e reproducirse en beneficio do patriarca.
Esta regulación foi un elemento fundamental para a perpetuación do sistema escravista e unha maneira de resolver disputas sobre a propiedade e herdanza de escravos.[2] A doutrina xurídica do partus sequitur ventrem derivou do dereito civil romano, concretamente das partes relativas á escravitude e á propiedade persoal (como os mobles), así como ao dereito común da propiedade persoal. Esta regra xurídica, aplicada en diversas sociedades escravistas, difería doutras nas que o estado social podía ser determinado polo pai ou por outras circunstancias.
En particular, o partus foi adoptado nas colonias inglesas en América do Norte, e eventualmente nos EUA, estendéndose desde a colonia de Virxinia a todas as Trece Colonias.
A doutrina tamén significaba que os nenos multirracializados con nais brancas (véxase a regra dunha gota) nacesen libres. As primeiras xeracións de "negros libres" (Free Negro) no sur de Norteamérica formáronse a partir de unións entre a clase traballadora libre, xeralmente mulleres de raza mixta, e os homes negros.[3]
Doutrinas xurídicas derivadas de principios semellantes do dereito civil eran aplicadas en moitas das colonias europeas nas Américas e África estabelecidas polos imperios británico, español, portugués, francés, ou holandés.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]En 1619, un grupo de "vinte e pico" africanos foi levado á Colonia de Virxinia, sinalando o comezo da escravitude nas colonias inglesas de Norteamérica.[5] Capturados inicialmente por un barco escravista portugués, estes africanos foron unha mostra de como os imperios europeos estaban cada vez máis involucrados no comercio transatlántico de escravos.
Leis, escravitude e mestizaxe
[editar | editar a fonte]A lexislación colonial non estaba clara en canto ao status dos nenos nacidos de relacións mestizas. A lei inglesa sostiña que os nenos herdaban o status do seu pai. Pero Virxinia, en 1662, decidiu que os nenos herdarían o status da súa nai. Isto solidificou a escravitude como unha institución hereditaria.
En 1656, Elizabeth Key Grinstead, unha muller mestiza, usou o seu status bautizado e a súa herdanza inglesa para argumentar que debía ser libre.[6] A súa vitoria xudicial foi significativa, pero co tempo, o principio de que os fillos e fillas seguen o status da súa nai consolidouse.[7]
Na época colonial e posteriormente, moitos escravos foron mestizos. Estes nenos, moitas veces fillos de brancos e mulleres escravas, a pesar de teren sangue europeo, eran escravos debido á súa nai. Thomas Jefferson, por exemplo, tivo descendencia mestiza coa súa escrava Sally Hemings.[8] Os fillos foron escravos porque Hemings tamén o era.[9] O tema da paternidade de Jefferson foi obxecto de debate e controversia. Análises de ADN realizados en 1998 revelaron unha conexión xenética entre os descendentes de Field Jefferson (irmán de Thomas Jefferson) e os descendentes de Eston Hemings, o máis novo dos fillos alegados de Sally.[10]
Segundo o estudoso Taunya Lovell Banks,
os nenos nacidos de pais ingleses fóra do país convertéronse en súbditos ingleses ao nacer, outros podían converterse en "suxeitos naturalizados" (aínda que non había proceso naquel momento nas colonias). O que non estaba resolto era a condición dos fillos se só un dos pais era súbdito inglés, xa que os estranxeiros (incluídos os africanos) non eran considerados suxeitos. Debido a que aos non brancos se lles negou os dereitos civís como estranxeiros, as persoas de raza mixta que buscaban liberdade a miúdo tiñan que subliñar a súa ascendencia inglesa (e máis tarde, europea).[11]
Hipocrisía e escravitude
[editar | editar a fonte]Nas cidades coloniais do golfo de México, como Nova Orleáns, Savannah e Charleston, xurdiu a clase social dos crioulos (creole), persoas de cor educadas e libres, descendentes de pais brancos e mulleres escravas negras ou mestizas. Estes creoles casaban entre eles, a miúdo recibían educación formal, posuíron propiedades e mesmo tiñan escravos.[12] No Upland South, após a Revolución, algúns propietarios liberaron os seus escravos mediante manumisión. A poboación de negros libres aumentou do 1% en 1780 a máis do 10% en 1810. Nese ano, o 7,2% da poboación de Virxinia eran negros libres e, en Delaware, o 75% da 'poboación negra' era libre.[13][14]
Respecto da hipocrisía sexual sobre o seu abuso sexual a mulleres escravas, a autoa Mary Boykin Chesnut escribiu no seu diario:
Eu só vexo isto: como os patriarcas de antano, os nosos homes viven todos nunha mesma casa coas súas esposas e as súas concubinas; os mulatos que un ve en cada familia seméllanse exactamente aos nenos brancos — cada señora conta quen é o pai de todos os nenos mulatos en cada fogar, pero eses [nenos mulatos] na súa propia [casa], parecen pensar que caen das nubes ou finxen pensar así...[15]
Do mesmo xeito, no Journal of a Residence on a Georgia Plantation in 1838–1839 (1863), Fanny Kemble, a esposa inglesa dun plantador estadounidense, sinalou a inmoralidade dos escravos brancos que mantiñan escravos aos seus fillos de 'raza mixta'.[16]
Algúns pais brancos tiveron relacións estábeis con mulleres escravas, emancipando á muller e os fillos, mesmo pagaron estudos superiores para os seus fillos mestizos en universidades como Oberlin College e Universidade de Wilberforce. En 1860, en Wilberforce, a maioría dos estudantes eran fillos de homes brancos que financiaban os seus estudos.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The peculiar color of racial justice". Christian Science Monitor. ISSN 0882-7729. Consultado o 2023-09-29.
- ↑ Banks, Taunya (2008-01-01). "Dangerous Woman: Elizabeth Key's Freedom Suit - Subjecthood and Racialized Identity in Seventheenth Century Colonial Virginia". Faculty Scholarship.
- ↑ Heinegg, Paul. "Free African Americans in Virginia, North Carolina, South Carolina, Maryland and Delaware". www.freeafricanamericans.com (en inglés). Consultado o 2023-09-29.
- ↑ Davidson, Miles H. (1997). Columbus then and now: a life reexamined. University Of Oklahoma Press. p. 417. ISBN 9780806129341.
- ↑ "The 1619 Project - The New York Times". web.archive.org. 2019-08-17. Archived from the original on 17 de agosto de 2019. Consultado o 2023-09-30.
- ↑ "Africans in VA". web.archive.org. 2003-12-07. Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2003. Consultado o 2023-09-30.
- ↑ Edmund Sears Morgan (2003). American slavery, American freedom. W.W. Norton & Co. ISBN 978-0-393-32494-5.
- ↑ Gordon-Reed, Annette. "The Hemingses of Monticello: An American Family", 2008. ISBN: 978-0393064773.
- ↑ "Thomas Jefferson's Monticello - Official Website". Monticello (en inglés). Consultado o 2023-09-30.
- ↑ Foster, E. A., Jobling, M. A., Taylor, P. G., Donnelly, P., de Knijff, P., Mieremet, R., ... & Tyler-Smith, C. "Jefferson fathered slave's last child." Nature, 396(6706), 1998, p.27-28.
- ↑ Banks, Taunya (2008-01-01). "Dangerous Woman: Elizabeth Key's Freedom Suit - Subjecthood and Racialized Identity in Seventheenth Century Colonial Virginia". Faculty Scholarship.
- ↑ Kolchin, Peter American Slavery, 1619–1865, Nova York: Hill and Wang, 1993, pp. 82–83.
- ↑ Kolchin, American Slavery, p. 81.
- ↑ Kolchin, Peter (1993). American slavery, 1619-1877. New York : Hill and Wang. ISBN 978-0-8090-2568-8.
- ↑ Chesnut, Mary B. Mary Chesnut's Civil War. p. 29. ISBN 9780300029796.
- ↑ FRANCES ANNE KEMBLE (1864). journal of a residence on a (en English).
- ↑ Campbell, James T. (1995-09-07). Songs of Zion: The African Methodist Episcopal Church in the United States and South Africa (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-536005-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Partus sequitur ventrem |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kolchin, Peter (1993). American slavery, 1619-1877 (en inglés). Nova York: Hill and Wang. ISBN 978-0-8090-1554-2.