[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Partido Mahut - Isner en Wimbledon 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaPartido Mahut - Isner en Wimbledon 2010
Imaxe
Tipopartido de tenis Editar o valor en Wikidata
Parte de2010 Wimbledon Championships – men's singles (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Duración665 min Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónAll England Lawn Tennis and Croquet Club (pt) Traducir (Londres) Editar o valor en Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo22 de xuño de 2010 – 24 de xuño de 2010 Editar o valor en Wikidata
Dataxuño de 2010 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoJohn Isner Editar o valor en Wikidata

Durante o Campionato de tenis de Wimbledon de 2010, entre os día 22 e 24 de xuño, o estadounidense John Isner e o francés Nicolas Mahut protagonizaron o partido máis longo da historia do torneo e do tenis, en termos de tempo e xogos disputados. John Isner precisou de 183 xogos e de 11 horas e 5 minutos para bater ao seu contrincante, Nicolas Mahut. Os xogadores marcaron e romperon moitos outros récords de Wimbledon e do tenis, que inclúen a marca de 78 saques directos do xogador croata Ivo Karlović nun só partido, marca que superaron ámbolos dous xogadores: Isner fixo 112 e Mahut, 103[1].

Detalles do encontro

[editar | editar a fonte]

Xogado na pista 18 do All England Lawn Tennis and Croquet Club, o partido rematou cun marcador de 6–4, 3–6, 6–7(7), 7–6(3), 70–68. Só o quinto set durou máis que calquera partido da historia do tenis, tanto en xogos disputados como no tempo de xogo, con 138 xogos e unha duración total de 8 horas e 11 minutos.

O partido comezou o 22 de xuño de 2010. Transcorridos 4 sets, o partido foi suspendido ata o día seguinte por falta de luz solar. Unha vez retomado o 23 de xuño para disputar o quinto e definitivo set, converteríase no partido máis longo de tódolos tempos. Ese día, unha vez máis, tivo que ser adiado por falta de luz solar, despois de terse chegado aos 59-59 no marcador dese quinto set, e tras 7 horas e 8 minutos de xogo. Finalmente, o 24 de xuño, 3º día de partido, Isner rompeu o servizo de Mahut despois de 1 hora e 3 minutos de xogo, e deixou o marcador do 5º set nun definitivo 70-68.

John Isner.
Nicolas Mahut.

O encontro rompeu o récord de máis xogos disputados nun partido, tanto antes como despois da introdución do sistema de morte súbita ou tie-break. Os récords anteriores eran o do partido de cuartos de final do Open de Australia no que Andy Roddick precisou de 83 xogos para derrotar a Younes El Aynaoui por 4–6, 7–6(5), 4–6, 6–4, 21–19, e os 112 xogos que precisou Pancho Gonzales en 1969 para derrotar a Charlie Pasarell na primeira volta por 22–24, 1–6, 16–14, 6–3, 11–9 antes da introdución do tie-break. No encontro de John Isner e Nicolas Mahut xogáronse un total de 183 xogos.

Este partido bateu o récord do encontro tamén por tempo xogado: 11 horas e 5 minutos. A marca oficial anterior, de 6 horas e 33 minutos, era do Open de Francia de 2004, cando Fabrice Santoro derrotou a Arnaud Clément por 6–4, 6–3, 6–7(5), 3–6, 16–14.

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]

Hora local británica (UTC+1).

Martes, 22 de xuño de 2010

[editar | editar a fonte]
  • 6:18 PM – Comeza o partido.
  • 9:07 PM – Suspéndese o partido por falta de luz.

Mércores, 23 de xuño de 2010

[editar | editar a fonte]
  • 2:05 PM – Reanúdase o partido.
  • 5:45 PM – O partido pasa xa a ser o máis longo da historia.
  • 9:13 PM – Suspéndese o partido por segunda vez, co marcador en 59–59 no quinto e decisivo set.

Xoves, 24 de xuño de 2010

[editar | editar a fonte]
  • 3:40 PM – Reanúdase o partido na pista 18.
  • 4:48 PM – Finaliza o partido con vitoria para John Isner, que gañou o set final por 70–68. O partido durou 11 horas e 5 minutos.

Despois do partido

[editar | editar a fonte]

Inmediatamente despois de ter rematado o partido, un membro da organización do torneo de Wimbledon, acompañado polos ex xogadores británicos de tenis Tim Henman e Ann Jones, fixo unha pequena cerimonia de conmemoración deste fito histórico na historia do tenis, na que se pronunciou un pequeno discurso e se obsequiou a cada un dos dous xogadores e máis o xuíz de cadeira cun agasallo de recordo. Ademais, fíxose unha foto dos tres diante dun dos dous marcadores electrónicos da pista 18, que marcaba ese histórico 70-68 no quinto set.[2]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

As estatísticas oficiais do partido son as que seguen:

Nicolas Mahut John Isner
Primeiro servizo 328 de 489 = 67% 361 de 491 = 74%
Saques directos 103 113
Dobres faltas 21 10
Erros non forzados 60 62
% gañadora do 1º servizo 284 de 328 = 87% 292 de 361 = 81%
% gañadora do 2º servizo 101 de 161 = 63% 82 de 130 = 63%
Tantos gañadores (incluíndo o servizo) 244 246
Puntos gañados ao resto 117 de 501 = 23% 104 de 510 = 20%
Aproximacións á rede 111 de 155 = 72% 97 de 144 = 67%
Puntos totais gañados 502 478
Puntos de partido 2 5

Fallos nos marcadores

[editar | editar a fonte]

No segundo día de xogo, o marcador electrónico da pista 18 quedou parado en 47–47 e logo apagouse. Os programadores de IBM dixeron que os marcadores estaban programados só ata 47-47, pero que arranxarían o fallo para o día seguinte.[3] O marcador on-line no sitio web oficial funcionou correctamente un pouco máis: En 50–50 púxose en 0-0 e volveu a contar a partir de aí. Na web pediuse aos usuarios que "por favor engadisen 50 xogos ao marcador do partido entre Isner e Mahut".[4] Un programador de IBM traballou no sistema informático do marcador ata as 11:45 PM para adaptalo de cara á continuación do partido o día seguinte (24 de xuño), aínda que tería volto a fallar de terse prolongado o partido máis de 25 xogos.[5]

  1. EFE (23 de xuño de 2010). "Isner gana el partido más largo de la historia del tenis". Público. 
  2. Wimbledon: Isner-Mahut Match Comemorated With Post-Match Ceremony, Ben Rothenberg, SBNation.com, 24 de xuño de 2010
  3. John Martin (23 de xuño de 2010). "Logistics Are Put to the Test at Wimbledon". The New York Times. 
  4. Michael Hurley (23 de xuño de 2010). "John Isner and Nicolas Mahut Marathon Match Suspended for Darkness at Wimbledon". NESN.com. New England Sports Network. 
  5. Martin, John. "Scoreboard tuneup" The New York Times, 24 de xuño de 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]