[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Parque provincial Monte Robson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Parque Provincial Monte Robson é un gran parque provincial nas Montañas Rochosas do Canadá cunha área de 2249 km². O parque está localizado completamente dentro da Columbia Británica, lindeira co Parque Nacional Jasper na provincia de Alberta. Foi creado de forma legal en 1913, o mesmo ano que foi ascendido por primeira vez o monte Robson por un grupo liderado por Conrad Kain.

A primeira pista turística foi construída en 1913 polo provedor do Parque Nacional Jasper, Donald "Curly" Phillips, paralelo ao río Robson até o lago Berg.

De maio a setembro, o centro de visitantes está aberto, ao sur do miradoiro do Monte Robson na estrada Yellowhead. Os únicos servizos dentro do parque son unha combinación de gasolineira e cafetaría no citado miradoiro.

Para chegar ao parque, hai que coller a estrada Yellowhead durante 390 km ó oeste de Edmonton ou 290 km ó leste de Prince George.

Lugar Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Lago Kinney.

O Parque Provincial Monte Robson foi declarado pola UNESCO como lugar Patrimonio da Humanidade en 1990,[1] na extensión que fixo do conxunto doutros parques nacionais e provinciais que forman o Parque das Montañas Rochosas Canadenses declarado Patrimonio da Humanidade en 1984, pola inmensa zona de cumes, glaciares, lagos, fervenzas, canóns e grutas calcáreas que forman unha paisaxe montañosa espectacular. Aquí atópase o sitio fosilífero de Burgess Shale, famoso polos restos de animais mariños de corpo brando que contén.

  1. "Parque Provincial Monte Robson" (en inglés). Consultado o 19 de abril de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]