[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Parque nacional de Shiretoko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque nacional de Shiretoko
Imaxe
Tipolista de parques nacionais do Japão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaShiretoko (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaShari, Xapón (pt) Traducir e Rausu, Xapón (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 44°09′43″N 145°14′08″L / 44.16194, 145.23556
Características
Punto máis altoMount Rausu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.660 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie386,33 km² Editar o valor en Wikidata
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 742 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1 de xuño de 1964 Editar o valor en Wikidata

Páxina webenv.go.jp… Editar o valor en Wikidata
Twitter: shiretoko_NC Editar o valor en Wikidata

O parque nacional de Shiretoko (知床国立公園 Shiretoko Kokuritsu Kōen?) cobre a maior parte da Península de Shiretoko no extremo nordés da illa de Hokkaidō, Xapón. A palabra "Shiretoko" deriva dunha palabra ainu "sir etok", que significa "o lugar onde sobresae a terra".

Unha das rexións máis remotas do Xapón, gran parte da península só é accesible a pé ou en barco. Shiretoko é máis coñecida como o fogar da poboación máis grande do Xapón de oso pardo, e por ofrecer vistas da illa Kunashiri, cuxa propiedade dispútanse Xapón e Rusia. Shiretoko tamén é o fogar de moitas aves, como a aguia mariña de Steller e o pigargo, e de animais mariños como a foca manchada, a candorca e o cachalote.[1] O parque ten unha fervenza de augas termais chamada Fervenza de Kamuiwakka (カムイワッカの滝 Kamuiwakka-no-taki?). Kamui wakka significa "auga dos deuses" en ainu.

Os bosques do parque son bosques temperados e subalpinos e bosque mixto, a especie principal de árbore inclúe o abeto de Sakhalin (Abies sachalinensis), o bidueiro de Erman (Betula ermanii) e o carballo mongol (Quercus mongolica). Máis aló do límite forestal hai impenetrables matogueiras de piñeiro anano siberiano (Pinus pumila).

En 2005, a UNESCO designou a zona como Patrimonio da Humanidade, aconsellando desenvolver o sitio conxuntamente coas Illas Kuriles de Rusia como un "Parque da Paz Patrimonio Mundial" transfronteirizo. A inclusión de Shiretoko como Patrimonio Natural foi considerada polos indíxenas Ainu como unha contradición a longa historia do asentamento Ainu na zona do parque.[2]

O Shiretoko Park Nature Center está en Shari. Serve como centro de visitantes e inclúe unha película sobre o parque, un restaurante e unha tenda de agasallos.

Características

[editar | editar a fonte]
Referencias
  1. "Shiretoko National Park Plants & Animals". National Parks of Japan. 
  2. M. Hudson, M. Aoyama, “Occupational apartheid and national parks: the Shiretoko world heritage site,” in F. Kronenberg, N. Pollard, D. Sakellariou, eds. Occupational Therapies Without Borders: Towards an Ecology of Occupation Based Practices (Edinburgh: Elsevier), pp. 247-255

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]