[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Parque Natural de Urdaibai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque Natural de Urdaibai
Imaxe
TipoReserva da biosfera
espazo natural protexido
Biosphere Reserve (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaRío Oka, mar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBiscaia, España Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°21′N 2°41′O / 43.35, -2.68
Características
Superficie22.038,61094 ha Editar o valor en Wikidata
Elemento da Lista Vermella do Patrimonio
Data10 de xullo de 2008
Identificadorreserva-de-urdaibai
Categoría IV da UICN: área de xestión de hábitat e especies
Reserva da biosfera  
IdentificadorEntrada: unesco.org… Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 63232 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1989 Editar o valor en Wikidata

Zonas húmidas, costas e bosques combínanse en Urdaibai e dan lugar a un dos espazos naturais de maior valor ecolóxico do País Vasco. O esteiro fórmase pola confluencia do río Oka e o Mar Cantábrico, e coñécese polo nome de Esteiro ou Ría de Urdaibai.

A desembocadura do río anégase cada doce horas pola preamar, axudando ó deposito de sedimentos no fondo e nas beiras costeiras (especialmente na marxe dereita do estuario, xa que o mar golpea dende o noroeste).

Debido a todo isto a zona presenta unha gran variedade de hábitats, dende praias ata marismas, pasando por terreos lamacentos.

A especie arbórea máis estendida é a aciñeira cantábrica (Quercus ilex ssp. ilex) cun sotobosco formado por érbedo, alaterno e os máis escasos lentiscos verdadeiros (pistacia lentiscus). Nas áreas da marisma viven diversas especies halófilas coma o verdello (Salicornia ramosissima), suaeda marítima e spartina. Nos areais costeiros atópamos as especies coma as leiterenas. O Tamarix canariensis é común na zona.

Entre os mamíferos salientar a presenza do visón europeo, especie ameazada que incrementa a importancia desta reserva da biosfera. Nas costas rochosas cría a gaivota patiamarela e o corvo mariño cristado, namentres que nos areais atopamos a píllara das dunas. Unha gran variedade de aves visitan o parque no pasos migratorios, nas que se poden observar, a Gabita, as aguias pescadoras, os Cullereiros ou o Mazarico real (a limícola de maior tamaño). Tamén están presentes diversos tipos de Ánsares: en dirección norte na primavera, e cara ao sur no outono. No verán de 2015, confirmouse a observación dunha aguia pescadora. Varios exemplares, orixinarias de Escocia, desta especie liberáranse no parque natural para a súa reintrodución. Este programa fóra dirixido pola Sociedade de Ciencias Aranzadi[1].

Entre os anfibios e os réptiles citar a ra patilonga ou a serpe de esculapio.

Entre os peixes atopamos especies adaptadas ós diferendes graos de salindade. A anguía, o sargo, ou crustáceos coma a esquía son exemplos destas especies.

  1. Varios (Xullo de 2015). "Regresa a Urdaibai una de las águilas pescadoras reintroducidas en 2013". Quercus (353).