Paraugas
Un paraugas ( pronunciación (axuda · info)) é un utensilio para gorecerse da chuvia. Están formados por unha superficie convexa de plástico ou outro material semellante, que está suxeita a unha armazón de variñas pregables dispostas ao redor dun eixe central terminado nun mango adecuado para levalo cunha man. As variñas permiten que cando non chove ou se está en lugar protexido sexa posible pechalo para andar con máis comodidade. Un paraugas pechado pode servir de bastón, aínda que hai versións "de peto" que teñen variñas que se dobran en dous sitios.
Historia
[editar | editar a fonte]Existen unha serie de referencias gráficas dende o ano 2400 a. e. c., aínda que a súa invención estabelécese no século XI a. e. c. en China.[1] Este obxecto foi estendido grazas á ruta da seda e foi utilizado nesta área principalmente para a protección contra o sol. Unha das referencias sobre este obxecto na antigüidade é o obxecto que contén a carroza do emperador chinés Qin Shi Huang, que lembra a unha especie de parasol. Esta carroza pertence ao exército de terracota construído entre os anos 246 até o 206 a. e. c.
O seu uso decaeu tras a caída do Imperio Romano e non volveu rexurdir até o século XV onde foi utilizado novamente pola nobreza francesa.
En 1951 Samuel Fox desenvolveu o marco de metal que utiliza o paraugas actualmente.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Historia del paraguas: desde su invención hasta su uso como artículo publicitario. www.grupobillingham.com.