Palacio de Queluz
Palacio Real de Queluz | |
---|---|
Fachada do Palacio Nacional de Queluz. | |
Edificio | |
Estilo | Rococó e neoclasicismo |
Localización | Queluz, Sintra, Portugal |
Coordenadas | 38°45′02″N 9°15′30″O / 38.750446, -9.258224 |
Propietario | Estado portugués |
Uso(s) | Museo |
Construción | |
Inicio | 1747 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Mateus Vicente de Oliveira |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Palacio Real de Queluz (en portugués: Palácio Real de Queluz), tamén coñecido como Palacio Nacional de Queluz é un palacio do século XVIII localizado na cidade de Queluz, no concello de Sintra, distrito de Lisboa. Un dos últimos grandes edificios en estilo rococó erguidos na Europa, o palacio foi construído como unha residencia de verán para Pedro de Bragança, que viría a ser máis tarde marido e rei consorte da súa sobriña, a raíña María I de Portugal.
A súa construción iniciouse no ano 1747, tendo como arquitecto a Mateus Vicente de Oliveira. Malia ser moito máis pequeno, é coñecido como o Versalles portugués. A partir de 1826, o palacio lentamente deixou de ser o favorito dos soberanos portugueses. En 1908 pasa a ser propiedade do estado. Despois dun grave incendio en 1934, o cal destruíu o seu interior, o palacio foi extensivamente restaurado, e hoxe en día atópase aberto ao público.
Dende 1910 está declarado Monumento Nacional.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do palacio Arquivado 06 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. (en portugués)