[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Paul Anspach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaul Anspach
Biografía
Nacemento1 de abril de 1882
Burcht, Bélxica
Morte28 de agosto de 1981
Bruxelas, Bélxica
Presidente Fédération Internationale d'Escrime
1933 – 1948
Secretario Xeral Fédération Internationale d'Escrime
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntirador de esgrima.
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBélxica Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
1924fencing at the 1924 Summer Olympics – men's team épée (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1920fencing at the 1920 Summer Olympics – men's team épée (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1912fencing at the 1912 Summer Olympics – men's épée (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1908fencing at the 1908 Summer Olympics – men's team épée (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica) Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FamiliaAnspach family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiArmand Anspach-Puissant Editar o valor en Wikidata

Paul Anspach, nado en Burcht o 1 de abril de 1882 e finado en Bruxelas o 28 de agosto de 1981, foi un tirador de esgrima belga, que competiu nas modalidades de espada e florete.

Anspach participou en catro olimpíadas co equipo de esgrima belga (1908, 1912, 1920 e 1924).[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anspach naceu nunha familia xudía[2] en Burcht (Bélxica)[3]

Foi o capitán do equipo nacional belga de espada de 1909 a 1928. A súa primeira participación dunha olímpiada foi nos xogos de Londres en 1908, competindo en espada, tanto no equipo individual como por equipos. Levando Bélxica a medalla de prata por equipos; Anspach gañou 10 dos seus 15 asaltos. Na compeción individual, chegou ás finais, quedando quinto. Tamén participou en sabre, chegando á segunda rolda.[3]

Nos Xogos Olímpicos de 1912 en Estocolmo logrou a medalla de ouro en espada tanto en individual como por equipos. Entre os seus compañeiros de equipo estaba o seu irmán Henri Anspach, o recoñecido artista Jacques Ochs e Gaston Salmon. Na competición individual, gañou 6 das 7 loitas para gañar o ouro, perdendo só contra o británico Edgar Seligman. Anspach chegou tamén ás semifinais na competición de florete individual, antes de ser eliminado, quedano o 12º.[3][4]

A seguinte competición olímpica de Anspach foi en 1920 nos Xogos de Anveres, gañando unha medalla de prata en espada por equipos.[2][3] A súa derradeira Olimpíada foi en 1924 en París, alí chegou ás finais en espada individual, quedando en 9º lugar e en espada por equipos chegou de novo ás finais, rematando Bélxica en 2ª praza, polo que levou a medalla de prata.[3]

En 1951 Anspach converteuse no primeiro gañador do Taher Pacha Trophy, establecido en 1950 por H.E. Mohammed Taher Pacha no que o COI premia anualmente a un atleta pola súa especial distinción no nome do Olimpismo[5]

En 1976 Anspach levou a Medalla de Prata da Orde Olímpica,[1][4] e nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, o Comités d'organisation des Jeux Olympiques (COJO) convidou a Anspach a tomar parte na cerimonia da transmisión do Facho Olímpico de Atenas a Ottawa, pero debido á súa idade os médicos desaconselláronlle a viaxe, non obstante Anspach declarou que quedaba recoñecido polo privilexio que lle outorgaban .[6]

Comité Olímpico Belga e Federación Internacional de Esgrima

[editar | editar a fonte]

Anspach colaborou na formación do Comité Olímpico Belga en 1906.[1][7]

En 1913 foi un dos fundadores da Federación Internacional de Esgrima ("Fédération Internationale d'Escrime", ou FIE).[4], servindo como o seu secretario xeral e como presidente de 1932 a 1939, ano no que debido á segunda guerra mundial suspendeu as súas actividades, retomou o posto en 1946, ata 1950.[4]

En 1914 no Congreso Olímpico de París foi o secretario.[8] e coa marqués de Chasseloup-Laubat deseñou as normas da esgrima como deporte olímpico.[9]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Olympism in mourning" (PDF). Olympic Review (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee) 167: 559. September–October 1981. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2012. Consultado o 18 August 2009. 
  2. 2,0 2,1 Horvitz, Peter S. (2007-04). The Big Book of Jewish Sports Heroes: An Illustrated Compendium of Sports History & The 150 Greatest Jewish Sports Stars. Specialist Press International. p. 184. ISBN 1-56171-907-2. Consultado o 18 August 2009. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Paul Anspach Biography and Statistics". Sports Reference. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2009. Consultado o 17 August 2009. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Olympic awards." (PDF). Olympic Review (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee). 107–108: 505–506. September–October 1976. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2010. Consultado o 18 August 2009. 
  5. "The Taher Pachas trophy." (PDF). Olympic Review (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee) 29: 2. September 1951. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2010. Consultado o 18 August 2009. 
  6. "COJO's Invitation to Mr. Paul Anspach" (PDF). Olympic Official Report Montreal 1976 (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee). 1 (part 2). 1976. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de maio de 2010. Consultado o 18 August 2009. 
  7. "Around the National Olympic Committees." (PDF). Olympic Review (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee). 107–108: 566. September–October 1976. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2010. Consultado o 18 August 2009. 
  8. Anspach, Paul (September–October 1974). "Coubertin and fencing" (PDF). Olympic Review (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee). 82–83: 461. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2010. Consultado o 18 August 2009. 
  9. Lahmy, Eric (August 1985). "Safety in Fencing" (PDF). Olympic Review (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee) 214: 499. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2010. Consultado o 18 August 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]