[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pato Lucas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Pato Lucas[1] (Daffy Dumas Duck nome en inglés orixinal), xurdido o 17 de abril de 1937, é un parrulo bravo que aparece en diferentes capítulos do programa de debuxos animados Looney Tunes, só ou na compaña de Bugs Bunny, Yosemite Sam, Porky Pig, Elmer Fudd, Tazmania devill, Foghorn Leghorn, Gato Silvestre, Marvin the martian ou Speedy Gonzales, de carácter avarento, rabuxento e lingoreteiro, vémolo desenvolvendo varios papeis (vendedor de seguros, heroe intergaláctico, suplantador ou dobre de Bugs Bunny etc.) aínda que todos os seus plans rematan case sempre en fracasos.

Porén, cómpre salientar que cando se creou o personaxe (1937), este era bastante tolo e non tiña mal xenio ningún, polo que ademais todo lle saía ben tal como ao Bugs Bunny.

Nuns debuxos do Pato Lucas de 1937, comparado cuns de hoxe, pódese apreciar que cando o personaxe está con Elmer Fudd é un parrulo tolo, e cando se atopa co Bugs Bunny é endemoñado, fungón e desafortunado.

Actores de voz

[editar | editar a fonte]

Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

Fala hispana

[editar | editar a fonte]

Na fala hispana, coa que se emitiu en Galiza, o personaxe tivo diferentes actores de dobraxe. O personaxe foi interpretado por Jorge Arvizu nas súas primeiras aparicións, para ser retomado por Arturo Mercado. Actualmente a voz do personaxe recae en Luis Alfonso Mendoza, aínda que a dobraxe hoxe en día adoita ser en castelán no territorio español.

  1. Aínda que o nome Pato Lucas é na versión española da serie, e este só aparece en Space Jam a falar en galego, o nome en español é moi popular en Galiza

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]