[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Portici

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPortici
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°49′11″N 14°20′28″L / 40.8197, 14.3411
PaísItalia
RexiónCampania
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Nápoles Editar o valor en Wikidata
CapitalPortici Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación52.054 (2023) Editar o valor en Wikidata (11.316,09 hab./km²)
Xeografía
Superficie4,6 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude29 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal80055 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico081 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT063059 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoG902 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcomune.portici.na.it Editar o valor en Wikidata

Portici é unha comuna italiana da rexión da Campania, provincia de Nápoles. Segundo o censo de 2010 tiña unha poboación de 58.905 habitantes.[1] Esténdese por unha supreficie de 4 km², polo que tiña, na data citada, unha densidade de poboación de 14.726 hab/km²,[2][3] o que fai dela unha das cidades de maior densidade de poboación do mundo.

Desde o ano 2002 ostenta o título de Cidade. Portici limita coas comunas de Ercolano, Nápoles e San Giorgio a Cremano.

Portici é a sede da Facultade de Agronomía da Universidade Federico II, instalada no antigo Palacio Real de Portici construído polo rei Carlos VII de Nápoles (futuro Carlos III de España) como residencia para a familia Borbón. O edificio máis tarde caeu en desuso debido á construción do Palacio Real de Caserta e, posteriormente, foi a seda da Escola Superior de Agricultura (Scuola superiore di agricoltura), máis tarde o Instituto Superior Agrario (Istituto superiore agrario) e, finalmente, coa reforma entrada en vigor no curso académico 1935-1936, pasou a ter as funcións de sede da Facultade de Agronomía.

En Portici está o Museo Nacional Ferroviario de Pietrarsa (Museo nazionale ferroviario di Pietrarsa), no que se exhibe a primeira locomotora fabricada en Italia, que funcionaba na primeira liña férrea do país, a Napoli-Portici, inaugurada o 3 de outubro de 1839.

Na cidade naceron personalidades como o rei Carlos IV de España, Ettore Sannino, escultor e pintor, e Guglielmo Ferrero (1871-1943), estudoso do pensamento político.

  1. "Popolazione residente al 31 dicembre 2010". Dato istat (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2012. Consultado o 24 de xuño de 2014. 
  2. "Statistiche demografiche ISTAT". Dato istat (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 24 de xuño de 2014. 
  3. "Istituto Nazionale di Statistica". Statistiche I.Stat (en italiano). Consultado o 24 de xuño de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]