[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ponte colgante de Menai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte colgante de Menai
A Ponte Colgante de Menai dende un punto da A4080 preto da Ponte Britania en inverno
Localización
Coordenadas53°13′13″N 4°09′47″O / 53.220138888889, -4.163125
Características

A Ponte Colgante de Menai (en galés: Pont Grog y Borth), é unha ponte colgante entre a illa de Anglesey e o resto de Gales. Foi deseñada por Thomas Telford e completouse en 1826, sendo unha das primeiras pontes colgantes modernas do mundo.

A Ponte Colgante de Menai sendo pintada, agosto de 2005.

Construción

[editar | editar a fonte]

Antes da finalización da ponte en 1826, a illa non tiña conexión fixa con Gales e todo o tráfico con Anglesey facíase mediante transbordador (ou a pé coa marea baixa). Porén, a Acta de Unión de 1800 incrementou a necesidade de transporte cara a Irlanda, e con Holyhead como unha das terminais principais a Dublín, decidiuse que era precisa unha ponte.

A ponte tal e como se pintou nun prato de gres de Staffordshire na década de 1840. - (Dende a casa de J L Runeberg)

A tarefa de mellorar a ruta de Londres a Holyhead encomendóuselle a Thomas Telford, e unha das melloras claves foi o seu deseño de ponte colgante sobre o Estreito Menai entre un punto preto de Bangor co que daquela era a vila de Porthaethwy, coñecida hoxe en día como Menai Bridge en Anglesey. O deseño da ponte tiña que permitir a navegación ós barcos dunha altura de 100 pés para pasar baixa a cuberta en marea alta.

A construción da ponte comezou en 1819, coas torres a ámbalas beiras do estreito. Estas construíronse con pedra calcaria de Penmon e estaban ocas con tabiques cruzados internos. Despois, colocáronse as 16 enormes cadeas de cables, cada unha feita a partir de 935 barras de ferro cunha lonxitude de 176 metros. Para evitar a ferruxe, cada cable enchoupouse con aceite de liñaza. A ponte inaugurouse o 30 de xaneiro de 1826 e logrou reducir a viaxe de 36 horas de Londres a Holyhead en 9 horas.

Historia posterior

[editar | editar a fonte]

En 1839 viuse danado por mor das refagas de vento, a estrada tivo que ser amplamente reparada e en 1893 toda a superficie de madeira foi substituída por unha cuberta de aceiro. Pasados os anos, o límite de 4,5 toneladas de peso resultou problemático pola crecente industria do transporte e en 1938 as cadeas orixinais de ferro foron substituídas por outras de aceiro sen a necesidade de pechar a ponte. En 1999 a ponte foi pechado de novo ao redor dun mes co obxectivo de repavimentar a superficie e fortalecer a estrutura, o que requiriu que todo o tráfico cruzase polo próximo Ponte Britania.

O 28 de febreiro de 2005 a ponte foi proposto á Unesco como candidato a Patrimonio da Humanidade e, coincidindo o mesmo día en que unha calzada da ponte foi pechada durante seis meses restrinxindo o tráfico a unha única calzada de maneira que o tráfico viaxase ao continente pola mañá e cara a Anglesey pola tarde.

A ponte foi finalmente reaberto ao tráfico en ambas direccións o 11 de decembro de 2005 despois de que se volvese a pintar de xeito significativo por primeira vez en 65 anos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]