[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pobo británico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo británico
Tapiz medieval que amosa ó Rei Artur, un antigo gobernante britano protagonista da Materia de Bretaña, un mito nacional empregado como propaganda das orixes ancestrais da Familia real británica e dos súbditos británicos.
Poboación
Poboación total:
Británicos
65 600 000
Diáspora
140 millóns[1]
Rexións principais:
Reino Unido Reino Unido57 678 000[2]
Estados Unidos de América Estados Unidos40 234 652 - 72 065 000[3]
Canadá12 134 745[4]
Australia Australia9 031 100[5]
Hong Kong3 400 000[6]
Nova Zelandia Nova Zelandia2 425 278[7]
Aspectos culturais
LinguaInglés (córnico, guernésiais, irlandés, jèrriais, manx, escocés, gaélico escocés e galés)
RelixiónComuñón Anglicana (tradicionalmente), así como outros protestantismos

Os británicos[8] son os cidadáns do Reino Unido, dos Territorios Británicos de Ultramar das dependencias da Coroa e os seus descendentes.[9][10] A lei nacional británica é a que goberna ás persoas de cidadanía e nacionalidade británica, que pode ser adquirida, por exemplo, por ser descendente de británico. Cando o termo é usado nun contexto histórico pode refererirse ós britanos celtas, os habitantes indíxenas de Gran Bretaña e Bretaña, cuxos superviventes son os modernos pobos galés, córnico e bretón.[10]

Malia que as primeiras identificacións como británicos datan da Baixa Idade Media, non foi até a creación do Reino de Gran Bretaña[11][12][13][14][15] en 1707 cando xurdiu o sentido de identidade nacional británica.[16] A noción británica forxouse durante as guerras napoleónicas entre o Reino Unido e o Primeiro Imperio Francés, e desenvolveuse durante a época vitoriana.[16][17] A complexa historia de formación do Reino Unido creou un "sentido particular de nacionalidade e pertenza" en Gran Bretaña e Irlanda;[16] A británica converteuse nunha "identidade superimposta en identidades anteriores", como a inglesa, a escocesa, a galesa e a irlandesa, cuxas particularidades culturais resistiron a homoxeneidade da identidade británica.[18] Por mor das duradeiras divisións etnosectarias, a identidade británica en Irlanda do Norte é controvertida, pero é mantida firmemente polo sector unionista da sociedade.[19]

Os británicos modernos son descendentes de diversos grupos étnicos que se asentaron nas Illas Británicas antes do século XI: poboacións prehistóricas, britanos, romanos, anglosaxóns, nórdicos e normandos.[20] A progresiva unificación política das Illas Británicas facilitou o intercambio migratorio, cultural e lingüístico, ademais dos matrimonios mixtos entre ingleses, escoceses e galeses durante a Idade Media, a Idade Moderna e posterior.[21][22] Dende 1922 produciuse un proceso de inmigración cara ó Reino Unido por xente procedente da República de Irlanda, da Commonwealth, da Europa continental e doutros lugares. Eles e os seus descendentes son maioritariamente británicos, e manteñen unha identidade británica, dobre o dual ou múltiple.[23]

Os británicos son unha sociedade diversa, multinacional[24][25] e multicultural, con "fortes acentos, expresións e identidades rexionais".[26][27] A estrutura social do Reino Unido cambiou radicalmente dende o século XIX, cun declive da relixiosidade, un crecemento da clase media, e a partir da década de 1950, un incremento da diversidade étnica. A poboación do Reino Unido rolda os 62,5 millóns,[28] cunha diáspora de 140 millóns concentrada en Australia, o Canadá, Suráfrica, Hong Kong, Nova Zelandia, os Estados Unidos de América, Irlanda, Francia e España.[29]

  1. Richards 2004, p. 255.
  2. Population By Country of Birth and Nationality tables January 2013 to December 2013. Consultado o 04 de novembro de 2014
  3. "Brits Abroad: Country-by-country". BBC News. 11 de decembro de 2006. Consultado o 24 de maio de 2009. 
  4. Statistics Canada (2006). Canada 2006 Census, ed. "Ethnic origins, 2006 counts, for Canada, provinces and territories". statcan.ca. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2019. Consultado o 27 de maio de 2009. 
  5. Australian Bureau of Statistics (21 de xuño de 2012). "Reflecting a Nation: Stories from the 2011 Census, 2012–2013". abs.gov.au. Consultado o 1 de maio de 2014. 
  6. The Committee Office, House of Commons. "House of Commons - Foreign Affairs - Fifth Report". Parliament of the United Kingdom. Consultado o 26 de febreiro de 2014. 
  7. Statistics New Zealand (4 de febreiro de 2009). "QuickStats About Culture and Identity". stats.govt.nz. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 18 de maio de 2009. 
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para británico.
  9. Cfr. Interpretation Act 1978, Sched. 1. By the British Nationality Act 1981, s. 50 (1), o Reino Unido inclúe as Illas da Canle e a Illa de Man para a lei nacional.
  10. 10,0 10,1 Macdonald 1969, p. 62
  11. "Uniting the kingdom?". nationalarchives.gov.uk. Consultado o 4 de xaneiro de 2011. 
  12. "Acts of Union 1707". Parliament of the United Kingdom. Consultado o 4 de xaneiro de 2011. 
  13. "Making the Act of Union 1707" (PDF). Parliament of the United Kingdom. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2011. Consultado o 4 de xaneiro de 2011. 
  14. "The Union of the Parliaments 1707". Learning and Teaching Scotland. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de xaneiro de 2011. 
  15. "THE TREATY or Act of the Union". scotshistoryonline.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2009. 
  16. 16,0 16,1 16,2 Colley 1992, p. 1.
  17. Colley 1992, p. 5.
  18. Colley 1992, p. 6.
  19. CAIN Web Service. "British? Irish? Or what?". cain.ulst.ac.uk. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2011. Consultado o 19 de febreiro de 2009. 
  20. United States Department of State (xullo de 2008). "United Kingdom - People". state.gov. Consultado o 19 de febreiro de 2009. 
  21. Trudgill 1984, p. 519.
  22. Richardson & Ashford 1993, p. 531.
  23. Ward 2004, pp. 113–115.
  24. Gordon Brown: We must defend the Union The Daily Telegraph, 25 de marzo de 2008
  25. DIVERSITY AND CITIZENSHIP CURRICULUM REVIEW Arquivado 15 de xuño de 2011 en Wayback Machine. www.devon.gov.uk. Consultado o 13 de agosto de 2010.
  26. "UK dialects 'strong and varied'". BBC. 15 de agosto de 2005. Consultado o 19 de febreiro de 2009. 
  27. Rosen 2003, p. 3.
  28. "Eurostat Tables, Graphs and Maps Interface (TGM) table". Eurostat. 1 de xaneiro de 2011. Consultado o 10 de setembro de 2011. 
  29. Ember et al. 2004, p. 47.