Pé cadrado
Aparencia
Un pé cadrado é unha unidade de superficie do sistema anglosaxón de unidades equivalente a un cadrado dun pé de cada lado. A equivalencia con outras medidas é:
- 144 polgadas cadradas (12" x 12").
- 929,0304 centímetros cadrados.
Outros "pés cadrados"
[editar | editar a fonte]Antes do cambio ao sistema métrico, o pé cadrado empregábase por toda Europa, como parte do sistema imperial de medida, que posuía variacións segundo a rexión. Algúns exemplos:
- Pé cadrado bávaro = 0,0864751 m²
- Pé cadrado prusiano = 0,098504 m²
- Pé cadrado vienés = 0,99921 m²
- Pé cadrado parisiense = 0,105521 m²