Swift (observatorio espacial)
Swift | |
---|---|
Observatorio espacial Swift | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | Universidade de Stellenbosch |
Data de lanzamento | 20 de novembro de 2004, 17:16 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 7320[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 17A[3][6] |
Obxectivo da misión | Observatorio espacial de raios gamma.[3][6] |
NSSDC ID | 2004-047A |
Masa | 1470 kg[3] |
Dimensións | 1,16 m de altura por 0,13 m de diámetro[6] |
Potencia | 1040 W[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6932 km[1] |
Inclinación | 20,6 graos[1] |
Apoapse | 569,5 km[1] |
Periapse | 553,8 km[1] |
Swift é un observatorio espacial estadounidense lanzado nun Delta 7320 desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 20 de novembro de 2004.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]Swift forma parte do programa MIDEX da NASA e a instrumentación é parte dun esforzo internacional que inclúe ao Reino Unido e Italia, con implicación de Francia, Xapón, Alemaña, Dinamarca, España e Suráfrica. Foi lanzado para estudar os abrochos de raios gamma, explosións moi enerxéticas que destacan en lonxitudes de onda moi curtas. O observatorio leva un detector de raios gamma, un telescopio de raios X e un telescopio para o ultravioleta e o óptico coa finalidade de atopar contrapartidas visibles aos abrochos e descubrir a súa orixe cunha precisión de menos de 5 segundos de arco. A nave ten unhas dimensións de 1,16 m de altura por 0,13 m de diámetro, cunha envergadura de 0,31 m cos paneis solares estendidos. Ten a capacidade de apuntar automaticamente á zona na que detecta un abrocho entre 20 e 75 segundos despois de que ocorra e avisar ao control de terra para facer observacións conxuntas con outros observatorios.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SWIFT" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 20 January 2005 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (05-80676(E)). 1 de febreiro de 2005: 2. Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Swift" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Swift" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: Swift (MIDEX 3, Neil Gehrels Swift Observatory)" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Swift" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Swift |