Super League
A Super League é o torneo mais importante de Europa de rugby a 13 (rugby league en inglés). O campionato naceu en 1995 como sucesor do antigo Rugby Football League Championship (a liga inglesa de rugby a 13) coa intención de ser un torneo continental, espallándose por outros países fóra de Inglaterra. Actualmente o torneo está composto por 14 equipos, 12 ingleses, 1 francés e 1 galés.
A Super League é a principal competicións de rugby a 13 a nivel de clubs no hemisferio norte, e o campión compite cada ano co campión da NRL (liga de Australia e Nova Zelandia) no World Club Challenge (título semellante á antiga Copa Intercontinental de fútbol).
Dende 2011 a liga pode seguirse en España na canle Sportmanía. O actual campión é o equipo Leeds Rhinos, que venceu o 8 de outubro a St Helens por 32-16 diante de 69.000 seareiros que enchían Old Trafford, acadando dese xeito o seu 5º título. St Helens, que tamén ten 5 títulos no seu palmarés, ven de acadar 5 subcampionatos seguidos dende 2007 ata 2011.
Formato
[editar | editar a fonte]Cada tempada comeza en febreiro e remata en outubro. Está composta por 27 xornadas. Cada equipo xoga 13 encontros como local na súa casa, 13 encontros como visitante, e finalmente unha xornada mais, no chamado Magic Weekend (fin de semana máxico), no cal o Millennium Stadium de Cardiff acolle 7 encontros en 2 días. Dende 1998, trala tempada regular dispútanse os play offs polo título, cos 8 primeiros equipos da táboa. A gran final do torneo Super League dispútase cada ano no estadio Old Trafford de Manchester, sendo un dos eventos deportivos máis populares e máis vistos pola televisión cada ano en Inglaterra.
Cando remata a tempada regular, antes de que comecen as eliminatorias polo título, a liga publica a lista dos 13 xogadores elixidos no Super League Dream Team, un premio que recoñece ó mellor xogador da tempada en cada unha das 13 posicións do campo.
Equipos
[editar | editar a fonte]A maioría dos equipos da Super League pertencen á zona norte de Inglaterra onde naceu o rugby league no século XIX, entre as cidades de Liverpool, Manchester, Leeds e Hull. Fora desa rexión hai 2 equipos, 1 en Londres e 1 no sur de Francia.
Equipo | Cidade | Fundación | Estadio | Capacidade | Títulos | En 2011 |
---|---|---|---|---|---|---|
Bradford Bulls | Bradford | 1907 | Odsal Stadium | 27,491 | 6 | 10º |
Castleford Tigers | Castleford | 1926 | Probiz Coliseum | 11,750 | - | 9º |
Catalans Dragons | Perpiñán | 1935 | Stade Gilbert Brutus | 13,000 | - | 6º - ¼ final |
Huddersfield Giants | Huddersfield | 1864 | Galpharm Stadium | 24,500 | 7 | 4º - ¼ final |
Hull FC | Hull | 1865 | KC Stadium | 25,404 | 6 | 8º - ¼ final |
Hull Kingston Rovers | Hull | 1882 | Craven Park | 10,000 | 5 | 7º - ¼ final |
Leeds Rhinos | Leeds | 1864 | Headingley Stadium | 20,500 | 8 | 5º - Campión |
London Broncos | Londres | 1980 | Twickenham Stoop | 14,816 | 0 | 12º |
Salford City Reds | Salford | 1873 | The Willows | 11,363 | 6 | 11º |
St Helens | St Helens | 1873 | Knowsley Road | 17,350 | 12 | 3º - Finalista |
Wakefield Trinity Wildcats | Wakefield | 1873 | Belle Vue | 12,000 | 2 | 13º |
Warrington Wolves | Warrington | 1879 | Halliwell Jones Stadium | 13,024 | 3 | 1º - ½ final |
Widnes Vikings | Widnes | 1875 | Stobart Stadium | 11,500 | 3 | Ascenso |
Wigan Warriors | Wigan | 1872 | DW Stadium | 24,135 | 19 | 2º - ½ final |
- O total de títulos indica o número de veces que cada equipo saíu campión tanto na actual Super League como no anterior RFL Championship dende 1896.
Campións dende 1996
[editar | editar a fonte]- St Helens (5) = 1996, 1999, 2000, 2002, 2006
- Leeds Rhinos (5) = 2004, 2007, 2008, 2009, 2011
- Bradford Bulls (4) = 1997, 2001, 2003, 2005
- Wigan Warriors (2) = 1998, 2010