Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Suma da lóxica (latín: Summa Logicae) é un manual de lóxica de Guillerme de Ockham, escrito arredor do 1323.[1]
A obra aseméllase a outros tratados de lóxica medieval, polo que está organizado seguindo o esquema básico aristotélico, típico da escolástica:
- Termos, predicables e categorías (Libro I)
- Proposicións (Libro II)
- Siloxismos e falacias (Libro III)
A importancia deste texto reside na súa exposición do nominalismo ockhamiano, unha postura relativa ao problema dos universais, que dominou a filosofía medieval europea.[2][3]
Capítulos
|
Contidos
|
1-17
|
Os termos: que son e como se dividen. O problema dos universais.
|
18-25
|
Os cinco predicables de Porfirio.
|
26-62
|
As categorías de Aristóteles (praedicamenta, segundo a tradución latina de Boecio). Definicións e descricións, suxeito e predicado, o todo e a parte. As dez categorías: substancia, cantidade, relación, calidade, acción, paixón, tempo, lugar, posición e hábito.
|
63-77
|
Teoría da suposición (suppositum).
|
Capítulos
|
Contidos
|
1-20
|
Sobre as proposicións categóricas.
|
21-29
|
Sobre a conversión entre proposicións.
|
30-37
|
Sobre as proposicións hipotéticas.
|
Capítulos
|
Contidos
|
1-19
|
Sobre os siloxismos categóricos.
|
20-30
|
Sobre os siloxismos modais.
|
31-63
|
Sobre os siloxismos mixtos.
|
64-68
|
Outros tipos de siloxismos
|
Capítulos
|
Contidos
|
1-41
|
Exposición sistemática da Analitika protera (Ἀναλυτικὰ Ὕστερα, "Analíticos posteriores") de Aristóteles.
|
Capítulos
|
Contidos
|
1-37
|
Exposición sistemática dos Topika (Τοπικά, "Tópicos") de Aristóetles. Definición e división das consecuencias. Distinción entre implicación material e lóxica, de xeito similar a Jean Buridan e Alberte de Saxonia.
|
38-45
|
Teoría das obligationes.
|
46
|
Paradoxo do mentireiro
|
Capítulos
|
Contidos
|
1-18
|
Exposición sistemática dos tipos de falacias
|
O pensamento de Ockham tería unha importancia decisiva na historia da filosofía, como culminación do período medieval.[4] A súa proposta nominalista, desenvolvida no primeiro libro, foi a máis elaborada da época, e sería moi influente en séculos posteriores. Por outra banda, na súa argumentación en contra do realismo, aplicou implicitamente un principio metodolóxico segundo o cal non se deberían asumir máis entidades das necesarias para ofrecer unha explicación satisfactoria dos fenómenos. A día de hoxe, coñécese como navalla de Ockham no seu nome.[5]
- ↑ "Summa Logicae (Ockham) - The Logic Museum". www.logicmuseum.com. Consultado o 2024-03-15.
- ↑ Spade, Paul Vincent; Panaccio, Claude (2019). Zalta, Edward N., ed. William of Ockham (Spring 2019 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University.
- ↑ King, Peter (2005). Shand, John, ed. William of Ockham: Summa Logicae 1. Acumen Publishing. pp. 242–270. ISBN 978-1-84465-012-5.
- ↑ Gilson, Étienne (2007-05). La filosofía en la Edad Media (en castelán). Gredos. ISBN 978-84-249-2861-2.
- ↑ Miralbell, Ignacio. Guillermo de Ockham y su crítica lógico-pragmática al pensamiento realista (PDF) (en castelán). Cuadernos de Anuario Filosófico.
- ↑ Ockham, William de (1999). Suma da Loxica. Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-2571-1.