Stefan Seidler
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1979 (44 anos) Flensburgo, Alemaña |
Membro do Bundestag | |
26 de outubro de 2021 – Lexislatura: 20th German Bundestag (en) Circunscrición electoral: Q109290701 Electo en: eleccións federais de Alemaña de 2021 | |
Datos persoais | |
Residencia | Aarhus (2001–) Vejle Flensburgo |
Educación | Universidade de Aarhus Duborg-Skolen (en) Gustav-Johannsen-Skolen (en) |
Actividade | |
Ocupación | político, consultor |
Empregador | Dinamarca do Sul (pt) (–2014) |
Partido político | Asociación de Electores de Schleswig Meridional Radikale Venstre |
Páxina web | stefan-seidler.info |
Stefan Seidler, nado en Flensburgo en 1979, é un político alemán pertencente á minoría dinamarquesa de Schleswig-Holstein. En 2021 foi electo deputado federal no Bundestag pola Asociación de Electores de Schleswig Meriodional (SSW), o partido que representa os intereses poboación dinamarquesa e frisoa de Alemaña.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en 1979 en Flensburgo, Alemaña, os seus pais eran de orixe dinamarquesa adicábanse á docencia e á venda de madeira.[2] Despois de completar a súa educación secundaria na escola local de lingua dinamarquesa, estudou na Universidade de Aarhus en Aarhus, Dinamarca, onde cursou ciencias políticas e comunicación política.[3][4] É membro da Asociación de Avogados e Economistas de Dinamarca.[5] Stefan Seidler está casado e ten dúas fillas.[3]
Seidler participou en movementos políticos tanto en Dinamarca coma en Alemaña. En Aarhus, tivo responsabilidades á fronte de Radikal Ungdom, a de xuventude do Partido Liberal Social, e máis tarde foi candidato dese partido para o parlamento dinamarqués e o Parlamento europeo.[6] Tamén foi concelleiro en Flensburgo, e en 2014, foi nomeado coordinador das relacións co goberno de Dinamarca de Schleswig-Holstein.[3]
Para as eleccións parlamentarias federais de setembro de 2021, disputou a circunscrición electoral de Flensburgo – Schleswig, para o SSW. Con todo, resultou electo o candidato da Alianza 90/Os Verdes, mais gañou un escano na lista estatal do partido sendo o primeiro deputado da Asociación de Electores de Schleswig Meridional dende 1953.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Diario, Nós. "O partido da minoría danesa e frisoa volve ao parlamento alemán 70 anos despois". Nós Diario. Consultado o 2021-10-07.
- ↑ "Hjem". stefan-seidler.info. Consultado o 2021-10-07.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Stefan Seidler". ssw.de.
- ↑ "Vejlenser valgt til det tyske parlament - den nyvalgte Stefan Seidler bor i Grønnedalen". vafo.dk (en dinamarqués). 2021-09-27. Consultado o 2021-10-07.
- ↑ "Stefan Seidler". ssw.de.
- ↑ "TIDLIGERE DUBORG-STUDENT ER POLITISK BINDELED MELLEM SLESVIG-HOLSTEN OG DANMARK". skoleforeningen.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2021. Consultado o 07 de outubro de 2021.