Sinus Meridiani
Sinus Meridiani | |
---|---|
Esta imaxe amosa elevación en forma de crista en Terra Meridiani. | |
Tipo de rexión | Terra |
Rexión de | Marte |
Diámetro | ? |
Coordenadas | 5° S 0° O[1] |
Procedencia do nome | Baía, mapa de Camille Flammarion a .[1] |
Sinus Meridiani é un accidente xeolóxico de Marte que se estende de leste para oeste xusto o sur do ecuador do planeta. Deulle nome o astrónomo francés Camille Flammarion a finais da década do 1870.
Observacións
[editar | editar a fonte]O nome de Sinus Meridiani foille outorgado por Camille Flammarion a finais da década do 1870. Con anterioridade, o destacado equipo xermano composto principalmente por Wilhelm Beer, Johann Heinrich Mädler e o italiano Giovanni Schiaparelli, escolleron un punto en particular de Marte coma punto de partida para o meridiano cero (o meridiano que pasaba polo centro de Sinus Meridiani), para así poder cartografia-las súas observacións. Aceptando as suxestións de que as áreas escuras eran mares ou océanos, Flammarion nomeou área escura coma "Sinus Meridiani", literalmente "Baía Meridiana", cando estaba a traballar na compilación e análise de tódalas observacións feitas con anterioridade sobre Marte.
Dende a existencia de imaxes tomadas dende orbitas e sobrevoos feitas polas sondas enviadas a Marte que comezaron a partir da década do ano 1960, os accidentes xeolóxicos de albedo de Marte foron tomando novos nomes que reflectían a súa real natureza xeolóxica, e Sinus Meridiani recibiu unha nova designación, Terra Meridiani. Aínda que tanto as novas designacións coma as vellas están en uso. Por ex. o U.S. Geological Survey aínda usa o vello nome de "Sinus Meridiani" [1]
Meridiani Planum
[editar | editar a fonte]Aínda que en moitos mapas o nome de Terra Meridiani é substítuido polo de Meridiani Planum,[2] o nome Meridiani Planum é usado para facer referencia especificamente ó lugar onde aterrou a Mars Exploration Rover Opportunity, na parte occidental de Sinus Meridiani. Este lugar foi escollido polo equipo da Mars Exploration Rover debido ó plano da súa superficie, a carencia de rochas (polo tanto un lugar seguro para a aterraxe), e ademais o lugar amosaba unha marca no espectro de hematita, a cal aparece moi a miúdo en ambiente húmidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Albedo Feature: Sinus Meridiani on Mars". Consultado o 26-03-2011.
- ↑ "mc-19 Margaritifer Sinus" (PDF). Consultado o 12-03-2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Google Mars scrollable map - centrado sobre Terra Meridiani (en inglés)
- Planetary Science Research Discoveries: Gray Iron Oxide in Meridiani, Mars (en inglés)