[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Cinoglósidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sinfurinos»)
Cinoglósidos
Cynoglossidae
Linguas, linguas de can

Rango fósil: eoceno (teciario tardío) - actualidade

Lingua de can das Canarias
(Cynoglossus canariensis)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Cynoglossidae
Jorcan, 1888 [1]
Subfamilias e Xéneros
  • Véxase o texto
Symphurus ommaspilus. Obsérvese a proximidade entre os seus pequenos ollos.

A dos cinoglósidos (Cynoglossidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos ou soleoideos, distribuídos por áreas tropicais e subtropicais mariñas, entre os 40º de latitude norte e os 40º de latitude sur, así como en estuarios, e mesmo hai cinco especies que habitan nos ríos.[2][3] que son coñecidos en galego como linguas e linguas de can'.[4]

Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no eoceno, durante o terciario inferior.[5]

Algunhas das súas especies péscanse por teren certa importancia comercial.

Características

[editar | editar a fonte]

As principais características morfolóxicas dos peixes desta familia son:[2][3]

  • Corpo ovalado, deprimido e moi alongado, de até 48 cm de lonxitude como máximo (usualmente duns 30 cm).
  • Ollos moi pequenos e moi próximos entre si, ambos os dous situados no mesmo lado da cabeza (o lado pigmentado, que é esquerdo).
  • Marxe do preopérculo cuberto pola pel.
  • Boca asimétrica.
  • Aleta caudal acabada en punta e confluente coas aletas dorsal e anal, formando todas un rebordo continuo ao redeor de todo o corpo do animal.
  • A aleta pelviana dereita xeralmente subdesenvolvida. Sen aletas pectorais.
  • A orixe da aleta dorsal á altura do ollo inferior.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Symphurus diomedeanus.
Symphurus thermophilus.

A familia foi establecida en 1888 polo naturalista e ictiólogo estadounidense David Starr Jordan.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome da familia, Cynoglossidae está formado sobre a raíz do xénero tipo, Cynoglossus, coa terminación do latín científico ´-idae, propia dos nomes das familias de animais.

Pola súa parte, o nome Cynoglossus está formado polo elemento do latín científico cyno-, adaptación do grego antigo κυνο- kyno-, que deriva de κύων, κυός kýōn, kyós, "can", e do grego γλῶσσα glôssa "lingua": literalmente: "lingua de can", polo aspecto que presentan estes peixes.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense na familia dúas subfamilias, cunhas 140 especies agrupadas en tan só 3 xéneros:[1]

Familia Cynoglossidae Jorcan, 1888

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia está rexistrada en 1983,[6] a especie Symphurus nigrescens (Rafinesque, 1810 (denominada lingua escura por Lahuerta e Vázquez),[4] en fondos da plataforma continental menores de 200 m, desde Fisterra á Estaca de Bares.[7]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Cynoglossidae Jordan, 1888 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Menon, A. G. K. (1977): "A systematic monograph of the tongue soles of the genus Cynoglossus Hamilton-Buchanan (Pisces: Cynoglossidae)". Smithson. Contrib. Zool. (238): 1-129.
  3. 3,0 3,1 Cynoglossidfae en FishBase.
  4. 4,0 4,1 Lahuerta e Vázquez (2000), pp. 80-81.
  5. Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften.
  6. Fariña, A. C.; F. J. Pereiro e A. Fernández (1983): "Peces de los fondos de arrastre de la plataforma continental de Galicia", II Jornadas de Ictiología Ibérica, Barcelona, 22-28 de maio de 1983.
  7. Rodríguez Villanueva et al (1995), pp. 318-319.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]