Singleton
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
En enxeñaría de software, o padrón de deseño Singleton (Instancia Única) emprégase para garantir que unha clase soamente teña unha instancia, ademais de proporcionar un punto de acceso global a esa instancia. Trátase polo tanto dun padrón de creación.
É de utilidade cando se necesita exactamente un obxecto para coordinar accións nun sistema. Este concepto pode xeneralizarse para restrinxir a instanciación a un certo número de obxectos.
Motivación
[editar | editar a fonte]En certos contextos, é importante que algunhas clases teñan exactamente unha instancia que sexa facilmente accesible (por exemplo, ter un único xestor de ventás nunha aplicación).
O uso dunha variable global fai accesible un obxecto, pero non evita que se poidan crear múltiples instancias de obxectos. Unha solución mellor é facer que sexa a propia clase a responsable da súa única instancia. A clase pode garantir que non se poida crear ningunha outra instancia (restrinxindo o acceso ao construtor) e pode así mesmo proporcionar un modo de acceso á instancia.
Aplicabilidade
[editar | editar a fonte]O uso do padrón é axeitado cando:
- Deba existir unha única instancia dunha clase, que debe ser accesible aos clientes dende un punto de acceso ben coñecido.
- A única instancia pode ser estendida (subclase), e os clientes deberían poder utilizar a instancia estendida sen modificar o seu código.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Participantes
[editar | editar a fonte]- Instancia Única (Singleton): define un método de clase que permite aos clientes accederen á instancia única. Normalmente é responsable de crear a súa única instancia.
Colaboracións
[editar | editar a fonte]Os clientes acceden á instancia do Singleton a través da operación definida con esa finalidade.
Consecuencias
[editar | editar a fonte]As principais vantaxes do padrón Singleton son:
- Proporciona un acceso controlado á súa única instancia grazas á encapsulación da mesma, podendo ter un control estrito sobre o acceso a ela por parte dos clientes.
- Reduce o espazo de nomes ao evitar o uso de variables globais para almacenar instancias.
- Posibilita o refinamento de operacións e representación; é dicir, pódense crear subclases da clase Singleton, sendo sinxelo configurar os sistemas cunha instancia desta clase estendida.
- Permite un número variable de instancias, sendo necesario cambiar unicamente a operación que proporciona acceso á instancia do Singleton.
- Outorga unha maior flexibilidade con respecto ás operacións de clase, pois o uso destas dificulta o cambio dos deseños para permitir máis dunha instancia.
Implementación
[editar | editar a fonte]Á hora de utilizar o padrón Singleton, débense ter en conta algúns aspectos de implementación, entre os que destacan:
- Garantir a unicidade da instancia da clase.
- Estender a clase Singleton.
Garantir a unicidade da instancia da clase
[editar | editar a fonte]O padrón Singleton fai que a única instancia sexa unha instancia normal da clase, pero coa particularidade de que dita clase soamente permite crear unha instancia. Adóitase conseguir isto mediante a ocultación da operación que crea a instancia tras unha operación de clase. Esta operación ten acceso á variable que contén a instancia e asegura que a variable estea inicializada con dita instancia previamente a devolver o seu valor. Este enfoque asegura que un Singleton se crea e inicializa antes do seu primeiro uso. Por exemplo, en Java pódese definir a operación de clase mediante un método estático obterInstancia()
da clase Singleton
, que tamén define unha variable estática _instancia
que contén a súa única instancia.
public class Singleton {
private static Singleton _instancia = null;
private Singleton() { }
public static synchronized Singleton obterInstancia() {
if (_instancia == null) {
_instancia = new Singleton();
}
return _instancia;
}
}
Os clientes acceden ao Singleton exclusivamente a través do método obterInstancia()
. A variable _instancia
inicialízase a null
e o método estático obterInstancia()
devolve o seu valor, inicializándoa coa única instancia en caso de que sexa null
. obterInstancia()
utiliza inicialización "preguiceira" (lazy initialization): o valor que devolve non se crea e almacena ata que se accede a el por primeira vez.
Por outra banda, o construtor declárase como privado: un cliente que trate de crear unha instancia de Singleton
directamente obterá un erro en tempo de compilación. Isto garante que soamente se pode crear unha instancia. Ademais, e debido a que _instancia
é de tipo Singleton
, o método obterInstancia()
pode asignar a esta variable unha instancia dunha subclase de Singleton
.
Nótese o uso de synchronized
para permitir a súa utilización en aplicacións multi-fío. No caso de que dous fíos executen o método de creación simultaneamente cando a instancia do Singleton aínda non existe, ambos deben comprobar a instancia do Singleton e soamente debe creala un deles. Por iso é típico o uso de exclusión mutua na clase que indica que o obxecto está sendo instanciado.
Unha alternativa sería o uso de inicialización "impaciente" (eager initialization), na que sempre se crea a instancia. Este tipo de inicialización emprégase cando o programa sempre necesita unha instancia ou cando o custo de crear a instancia non é demasiado alto en términos de tempo/recursos.
public class Singleton {
private static Singleton _instancia = new Singleton();
private Singleton() { }
public static Singleton obterInstancia() {
return _instancia;
}
}
Este método ten varias vantaxes:
- Non se necesita utilizar
synchronized
no métodoobterInstancia()
. - O programador non ten que preocuparse da creación de instancias, pois Java garante que a inicialización xa estará feita antes de que o código sexa accedido por calquera clase.
Porén, tamén ten algúns inconvenientes. Destaca principalmente:
- Se o programa non necesita a instancia do Singleton, pode ser unha mellor opción o uso da inicialización "preguiceira".
Estender a clase Singleton
[editar | editar a fonte]O principal problema non é definir a subclase, senón crear a súa única instancia de maneira que os clientes a poidan utilizar. En esencia, a variable que fai referencia á única instancia debe ser inicializada cunha instancia da subclase. A técnica máis sinxela é determinar que Singleton queremos usar na operación obterInstancia()
de Singleton
.
Outra maneira de elixir a subclase de Singleton
é trasladar a implementación de obterInstancia()
dende a clase pai á subclase. Este enfoque dificulta a elección da clase de Singleton en tempo de execución, mentres que utilizar instrucións condicionais para determinar a subclase é máis flexible, pero fixa o conxunto de posibles clases Singleton. Ningún dos dous enfoques é o suficientemente flexible para tódolos casos.
Un enfoque máis flexible utiliza un rexistro de obxectos Singleton. Así, en lugar de que sexa obterInstancia()
quen defina o conxunto de posibles clases Singleton, estas clases poden rexistrar a súa única instancia polo seu nome nun rexistro que sexa coñecido por todos.
O rexistro establece unha correspondencia entre nomes e obxectos Singleton. Cando obterInstancia()
necesita un Singleton, consulta o seu rexistro, pedindo un Singleton polo seu nome. O rexistro busca o Singleton correspondente (no caso de que exista) e devólveo. Así, obterInstancia()
non ten que coñecer tódalas posibles clases de Singleton. Todo o que necesita é unha interface común para tódalas clases de Singleton que inclúa operacións para o rexistro.
Exemplos de implementación
[editar | editar a fonte]Java
[editar | editar a fonte]A continuación amósase un exemplo no que se utiliza o padrón Singleton. Trátase dunha táboa onde claves e valores son cadeas de caracteres. O padrón Singleton garante que tódolos clientes utilizarán soamente a instancia única, é dicir, a mesma táboa hash (utilizada internamente para representar a táboa asociativa).
class Main {
static void buscar() {
// Obsérvese que en lugar de crear un obxecto de tipo Dicionario (o cal é
// imposible debido a que o construtor é privado) o que se fai é chamar
// ao método de clase instancia() para obter a instancia única.
Dicionario d = Dicionario.instancia();
System.out.println("O valor asociado a can é " + d.buscar("can"));
System.out.println("O valor asociado a oso é " + d.buscar("oso"));
}
static void engadir() {
Dicionario d = Dicionario.instancia();
d.engadir("gato", "cat");
d.engadir("can", "dog");
d.engadir("rato", "mouse");
d.engadir("oso", "bear");
d.engadir("león", "lyon");
}
static public void main(String argv[]) {
engadir();
buscar();
}
}
class Dicionario {
// A clase Singleton garda un atributo de clase, normalmente privado, que
// mantén a referencia coa única instancia da clase.
static private Dicionario _instancia;
// Estado privado asociado coa instancia única.
private Hashtable _taboa;
// O construtor da clase, que crea a táboa de dispersión, é privado
// para garantir que non se poidan crear instancias dende fóra da clase.
private Dicionario() {
_taboa = new Hashtable();
}
// O método de clase instancia() encárgase de crear a instancia
// asociada ao Singleton a primeira vez que se solicita. En accesos
// posteriores, devólvese a instancia orixinal.
static Dicionario instancia() {
if (_instancia == null) {
_instancia = new Dicionario();
}
return _instancia;
}
// Estes dous métodos son aplicables sobre obxectos da clase Dicionario,
// é dicir, a súa única instancia. Engaden e buscan elementos na táboa hash.
// Dado que a táboa hash almacena obxectos de tipo Object (igual que o
// vector) debemos facer unha conversión ao extraer elementos da táboa.
public void engadir(String clave, String valor) {
_taboa.put(clave, valor);
}
public String buscar(String clave) {
return (String) _taboa.get(clave);
}
}
Padróns relacionados
[editar | editar a fonte]- Algúns dos padróns que se poden implementar facendo uso do Singleton son o Abstract Factory (Fábrica Abstracta), o Builder (Construtor virtual) e o Prototype (Prototipo).
- Tamén é habitual que os obxectos Facade (Fachada) sexan Singletons debido a que soamente se require un obxecto Facade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Singleton |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Design Patterns. Elements of Reusable Object-Oriented Software - Erich Gamma, Richard Helm, Ralph Johnson, John Vlissides - Addison Wesley (GoF- Gang of Four)