[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sinatura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinatura do pintor Henri Rousseau.
Sinatura de Castelao.

A sinatura[1] ou firma, é unha escritura gráfica ou grafo manuscrito que representa o nome e apelidos, ou título, que unha persoa escribe da súa propia man e ten fins identificatorios, xurídicos, representativos e diplomáticos. A súa finalidade é identificar, asegurar ou autentificar a identidade dun autor ou remitente, ou servir como unha proba de consentimento e/ou de verificación da integridade e aprobación da información contida nun documento ou semellante, e ten carácter legal.

Os trazos ou debuxos que ornamentan e que adoitan acompañar a sinatura non son unha sinatura en si, senón un conxunto de trazos propios que funcionan como compoñente opcional e que non pode utilizarse de xeito independente a esta. Estes trazos cumpren dúas funcións; facer que a sinatura non poida ser reproducida manuscritamente por outra persoa, e distinción propia.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sinatura.
  2. "Orixe arquelóxica dunha sinatura". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 01 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]