[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Siem Reap

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSiem Reap
Imaxe

Localización
Mapa
 13°21′44″N 103°51′35″L / 13.3622, 103.8597
EstadoCamboxa
ProvinciaProvincia de Siem Reap
DistritoSiem Reap Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación147.866 Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Altitude18 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

BNE: XX5890214

Siem Reap (en khmer: ក្រុងសៀមរាប, en tailandés: เสียมราฐ) é unha cidade da provincia de Siem Reap, no noroeste de Camboxa, ademais dun importante lugar turístico como porta de entrada á rexión de Angkor.[1][2] Trátase da quinta cidade máis poboada do país, con preto de 140.000 habitantes no 2024.[3]

Siem Reap acolleu varias das capitais do Imperio Khmer durante o século XV.[1] Porén, a historia dos khmer na rexión remóntase ao século VIII, coa chegada dos primeiros moradores.[4]

Patrimonio cultural

[editar | editar a fonte]

Siem Reap ten unha importante arquitectura colonial e de estilo chinés no antigo barrio francés, e preto do Mercado Vello. Ten museos, actuacións de bailes apsara tradicionais, granxas de sede, campos de arroz e un santuario de paxaros preto do Lago Tonle Sap.

Angkor Wat

[editar | editar a fonte]

Siem Reap é un destino turístico popular con gran número de hoteis, restaurantes e negocios relacionados co turismo.[1][2] Isto débese en grande medida pola proximidade cos templos de Angkor Wat, a atracción turística máis importante do país.[1][2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "A guide to Siem Reap, Cambodia". Travel (en inglés). 2019-08-27. Consultado o 2024-03-04. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Siem Reap travel". Lonely Planet (en inglés). Consultado o 2024-03-04. 
  3. "Population of Cities in Cambodia 2024". worldpopulationreview.com. Consultado o 2024-03-04. 
  4. Planner, My Siem Reap Tours (2023-08-20). "Siem Reap History - Tracing Cambodia's Ancient and Modern Story". My Siem Reap Tours (en inglés). Consultado o 2024-03-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]