Serra Nevada de Santa Marta
Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | América | |||
División administrativa | Colombia | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 5.750 m 5.730 m | |||
Punto máis alto | Pico Cristóbal Colón (5.775 m ) | |||
Material usado | Rocha metamórfica | |||
Superficie | 17.000 km² | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1964 | |||
Período de tempo | Cretáceo | |||
A Serra Nevada de Santa Marta é o sistema montañoso litoral máis alto do planeta; situado ó norte de Colombia que constitúe en por si mesmo un sistema illado dos Andes, sobre a costa Caribe de Colombia. É a formación montañosa litoral máis alta do mundo, a cal se eleva abruptamente dende as costas do mar Caribe até acadar unha altura de 5.775 metros nos seus picos nevados, situados a tan só 42 quilómetros deste, poden observarse claramente dende as cidades máis achegadas.
Cunha superficie aproximada de 17.000 km², é a montaña máis alta de Colombia, illada da cordilleira dos Andes polo sistema de vales que forman os ríos Cesar e Ranchería. O seu pico máis alto é o Pico Cristóbal Colón.
A Serra Nevada de Santa Marta forma parte do Parque nacional natural Serra Nevada de Santa Marta e do Parque Nacional Natural Tayrona, os cales son administrados polo Ministerio do Medio Ambiente. Atópase entre os departamentos de Magdalena, La Guajira e o Cesar, no Caribe colombiano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serra Nevada de Santa Marta |