Serra Nevada
Tipo | cordilleira sistema montañoso | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Sierra Nevada National and Natural Park (en) , Sierra Nevada Biosphere Reserve (en) e Sierra Nevada Natural Park (en) | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Provincia de Granada, España e Provincia de Almería, España | ||||
| |||||
Características | |||||
Altitude | 3.478 m | ||||
Dimensións | 50 () × 100 () km | ||||
Punto máis alto | Mulhacén (3.482 m ) | ||||
Medicións | |||||
Clima | dry-summer continental climate (en) | ||||
Historia | |||||
Período de tempo | Terciário (pt) | ||||
Serra Nevada é un macizo montañoso pertencente ao conxunto da Cordilleiras Béticas, concretamente aos sistemas Penibéticos. Está situada en Andalucía, España, e esténdese desde o centro-sueste da provincia de Granada e parte do suroeste da provincia de Almería. No ano 1986 foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO e no 1999 foi declarada Parque Nacional polos seus valores botánicos, paisaxísticos e naturais. É o macizo montañoso máis alto de toda Europa occidental despois dos Alpes. A súa altitude máxima atópase no pico Mulhacén, de 3.482 metros.
Historia e orixe do nome
[editar | editar a fonte]Existen referencias á Serra Nevada desde a antigüidade. Plinio o Vello xa mencionou no século I a existencia do monte Solarius na zona fronteiriza entre as provincias romanas hispanas da Bética e a Tarraconense. Durante a época visigoda, Isidoro de Sevilla falou do monte Solorio, derivada de mont Oriens, «monte no que loce o sol antes de saír». Máis adiante, diversos autores islámicos a mencionan, denominándoa uns Yabal Sulayr (monte do Sol e do Aire), Yabal-al-Tay (monte da Neve) e outros simplemente Sulayr. Outras denominacións posteriores foron monte do Sol, do Aire e do Sol, da Neve e tamén Serra da Xeada, sendo a partir do século XVIII bautizada como é coñecida hoxe: Serra Nevada.
Durante o século XVI foi escenario da Rebelión das Alpujarras. Posteriormente, no século XVIII marca o inicio de diversas expedicións, nas que, influídos polo espírito da Ilustración, comezouse a explorar sistematicamente a serra. Así, sobresaen a dirixida polo marqués da Ensenada, á que seguiron outras protagonizadas por importantes científicos, especialmente botánicos, biólogos e xeólogos. Estes comezaron a describir nas súas obras a importantísima riqueza natural da serra. Autores como Washington Irving establecéronse nas súas inmediacións no século XIX. A finais deste, Ángel Ganivet, naquel tempo cónsul de España en Finlandia, comentou nalgún dos seus escritos [1] que a serra podería converterse na «Finlandia andaluza», pola existencia de neve máis de 6 meses ao ano. Xa no século XX, o escritor e hispanista británico Gerald Brenan adicou a súa obra Al sur de Granada a inmortalizar a máis significativa das comarcas da serra, a Alpujarra.
No en 1925 construíuse un tranvía-ferrocarril desde Granada ata a localidade próxima de Güejar-Sierra, que aínda que foi clausurado nos anos 70 marcou en Granada un antes e un despois no coñecemento da serra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia de la estación de esquí de Sierra Nevada". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2008. Consultado o 05 de maio de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Información
- Noticias sobre a estación de esquí de Serra Nevada
- Foro sobre a estación de esquí de Serra Nevada
- Microweb turística de Serra Nevada realizada polo Patronato de Turismo de Granada
- Parque Natural de Serra Nevada, Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Andalucía Arquivado 08 de febreiro de 2006 en Wayback Machine.
- Artigo sobre Serra Nevada en la revista Consumer
- Foto de satélite en Google Maps
- Fotos panorámicas de Sierra Nevada
- Galería de fotos
- Galería de fotos 2
- Sitio web oficial de la estación de esquí de Sierra Nevada
- Puerto de la Ragua, estación de esquí de fondo
- Mapa de Serra Nevada
- Parque Nacional Serra Nevada: Espacios protegidos en España
Datos bioclimáticos
- Datos básicos Serra Nevada Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- Clima e hidrografía, Parque nacional de Serra Nevada
Flora, fauna e xeoloxía