[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Serra Morena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSerra Morena
Imaxe
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaPenínsula Ibérica Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaSierra Pelada y Rivera del Aserrador (en) Traducir, Parque Natural da Serra de Aracena e Picos de Aroche (pt) Traducir, Parque natural da Serra Norte de Sevilha (pt) Traducir, Parque Natural da Serra de Hornachuelos, Parque Natural da Serra de Cardeña e Montoro, Serra de Andúxar, Despeñaperros e La Cimbarra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProvincia de Badaxoz, España, Provincia de Xaén, España, Provincia de Sevilla, España, Córdoba, España, provincia de Cidade Real, España e Provincia de Huelva, España Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°18′N 5°24′O / 38.3, -5.4
Comparte fronteira conMeseta Central, norte
Depresión do Guadalquivir, sur Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.324 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións75 (ancho) × 400 (lonxitude) km
Punto máis altoSierra Madrona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.332 m Editar o valor en Wikidata )
Material usadogranito Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451494
Serra Madrona, parte de Serra Morena.

Serra Morena é un cordal que constitúe o reborde meridional da Meseta Central da Península Ibérica.

Características

[editar | editar a fonte]

A súa aparición produciuse na Era Terciaria, como froito do movemento da oroxenese alpina, cando a presión da placa africana afectou o zócolo do macizo hespérico e os sedimentos depositados nas súas beiras. De xeito que máis que dun pregamento pódese falar dunha combinación de flexión e falla, con presenza de materiais duros e antigos, xunto con outros máis plásticos e novos. De feito, máis semella unha grande enfesta que un cordal, pois actúa como chanzo de descenso desde a Meseta até a depresión do río Guadalquivir, que a flanquea polo Sur.

Esténdese uns 400 km polo norte de Andalucía e en dirección leste-oeste, incluíndo en si varias serras: Serra Madrona, a Serra de Aracena, Serra de Hornachuelos etc.

Presenta unha gran riqueza mineira, explotada desde tempos prehistóricos, ademais do aproveitamento forestal, cinexético e gandeiro. Na actualidade boa parte da súa superficie está protexida pola declaración de varios destas paraxes ou Parques Naturais, como son: Despeñaperros, a Serra de Andújar (Xaén), a Serra de Cardeña-Montoro, o Parque Natural da Serra de Hornachuelos, Serra Norte de Sevilla, e a Serra de Aracena (Huelva).O seu monte máis alto é a Bañuela, 1.330 msnm, en Serra Madrona.

Identifícase co Saltus Castulonensis dos romanos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]