[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Serafín Zubiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSerafín Zubiri

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Serafín Lizoain Vidondo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de abril de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Pamplona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, pianista, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Participou en
2000Festival de Eurovisión 2000
1992Festival de Eurovisión 1992 Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesRaúl Lizoain, sobriño Editar o valor en Wikidata

Sitio webserafinzubiri.es Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1422308 Last fm: Serafín+Zubiri Musicbrainz: 3978d2ea-7e0f-44ee-abb0-86b69bd06bec Discogs: 1947713 Allmusic: mn0001852898 Editar o valor en Wikidata

Serafín Lizoain Vidondo, coñecido artisticamente como Serafín Zubiri, nado en Zubiri (Navarra) o 20 de abril de 1964, é un cantante, pianista e compositor invidente español. Representou a España en dúas ocasións no Festival de Eurovisión e participou en diversos concursos de baile televisivos, ademais doutras fazañas que o levaron á fama.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira musical de forma individual en 1987, cando abandonou o grupo Equus do cal era vocalista e pianista desde que tiña dezasete anos. Durante os primeiros anos, compaxinou a súa carreira de músico, coa composición publicitaria e a dirección dun coro afeccionado. Desde entón gravou seis discos.

Do seu disco Pedaleando saíu a canción da Volta Ciclista a España de 1988.

Intentou representar a España no Festival de Eurovisión de 1991 coa canción "Polvo de estrellas" e en 1992 gravou a banda sonora da película A bela e a besta de Disney, co que conseguiu un importante éxito no seu país natal.

Ese mesmo ano, acode á cidade sueca de Malmö para representar a TVE no Festival de Eurovisión coa balada "Todo esto es la música", quedando no posto número 14 entre os 23 participantes que concursaron.

Facendo un oco na súa carreira musical, escala o Pico Aconcagua e Mont Blanc.

No ano 2000 gaña Eurocanción, un concurso organizado por TVE, co que Serafín volve representar a España en Eurovisión, converténdose no terceiro intérprete español que repite no festival tras Conchita Bautista e Raphael. Nesta ocasión, desde a cidade de Estocolmo coa canción "Colgado de un sueño" de Chema Purón que algúns consideraron como un resumo da súa carreira.

Colaborou en radio e presentou o programa para discapacitados Sin límites na televisión local de Pamplona.

Máis tarde, protagonizou o musical La Magia de Broadway xunto a Marta Sánchez estreado no Teatro Lara de Madrid en outubro do ano 2000.

En 2005 foi nomeado vicepresidente da Federación Internacional de Deportes para Cegos.

En 2006, participou no show de TVE Empieza el espectáculo e un ano máis tarde concursa no programa ¡Mira quién baila! deste mesmo canle, onde quedou co segundo lugar a uns poucos votos da gañadora, Nani Gaitán.

Ademais, durante o 2008 participou en Bailando por un sueño, segmento do programa de televisión arxentino Showmatch conducido por Marcelo Tinelli. Foi eliminado na gala 17 por Marcelo de Bellis.

En xullo de 2009 completou a peregrinación desde Navarra ata Santiago de Compostela en bicicleta utilizando un kapten.[1]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • 1987: Inténtalo
  • 1988: Pedaleando
  • 1991: Detrás del viento
  • 1992: Te veo con el corazón
  • 1995: Un hombre nuevo
  • 2000: Colgado de un sueño
  • 2008: Colgado de un sueño (reedición para a República Arxentina)
  • 2010: Sigo aquí

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
No quiero escuchar
Lydia

España no Festival de Eurovisión

2000
Sucesor:
Dile que la quiero
David Civera
Predecesor:
Bailar pegados
Sergio Dalma

España no Festival de Eurovisión

1992
Sucesor:
Hombres
Eva Santamaría