[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sextante (moeda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sextante cunha imaxe de Rómulo e Remo mamando da loba, cunha aguia no reverso e os dous puntos que representan o valor de dúas onzas romanas (217-215 a. C.)

O sextante (en latín: sextans) foi unha moeda da antiga Roma de bronce usada durante a República, co valor da sexta parte dun ás ou dúas onzas (unciae).[1][2][3]

Caracterización

[editar | editar a fonte]

O deseño máis habitual dos sextantes consistía no busto de Mercurio acompañado de dous puntos grosos, a modo de marca de valor que indicaba dúas uncias, nos anversos, e a proa dun barco nos reversos, aínda que as primeiras emisións amosaban unha simboloxía máis diversa, caracterizada por elementos como cunchas de vieira, caduceos, etc., fundamentalmente nos anversos.[4][5][6]

  1. Definición de sextante no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Sextante".
  3. "Sextans". En Encyclopedie Methodique. Tomo 5º. París. 1793. Páxina 429.
  4. "Sextans". En Forum Anciant Coins.
  5. "Sextans". En Roman bronze coins. www.monete-romane.com
  6. "Sextans". En Online Coins of the Roman Empire.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]