[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sashimi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prato de sashimi
Sashimi á venda nun supermercado
Tradicional Sashimi

O Sashimi (en xaponés: 刺身 sashimi, en chinés: 膾 kuai, en coreano: 회/膾 hoe) é un prato xaponés que consiste principalmente en mariscos ou peixes crús, cortados finamente, aínda que non tanto como un carpaccio.

Sérvese xunto a eles unha salsa (como salsa de soia, que é moi salgada, con wasabi, un condimento xaponés moi picante, ou ben salsa ponzu) e un aderezo simple como ravo daikon relado. O habitual é que os ingredientes se sirvan en cru, aínda que algúns se cociñan un pouco, como o polbo que se ferve lixeiramente. Menos frecuentes, aínda que non por iso descoñecidos, son os sashimis vexetarianos como o yuba (xudías de pel callada), ou de carnes vermellas crúas de vacún ou de cabalo.

O nome sashimi vén da cola de peixe que se puña xunto ás rebandas, de maneira que se puidese recoñecer de que tipo era.

Adóitase servir con rebandas pequenas de xenxibre en conserva, que se inxeren entre un tipo de sashimi e outro, é dicir cando se vai cambiar de sabor. As lonchas pódense tomar soas ou molladas na salsa.

Poderíase dicir, simplificando, que o sashimi é semellante ao suxi pero sen arroz, aínda que o repertorio de ingredientes do suxi é moito máis amplo, incluídos vexetais, tales como o cogombro, ou tortilla etc.

Sashimi é o nome que denomina a calidade de peixes como atún, peixe espada, marraxo etc., entre outros, e consiste en ultra conxelar o peixe por baixo de - 60 graos centígrados para conservar todas as súas propiedades.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]