Sara Seager
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xullo de 1971 (53 anos) Toronto, Canadá |
Residencia | Concord (pt) |
Educación | Universidade de Toronto - graduado en ciencias Universidade Harvard - Doutora en filosofía Jarvis Collegiate Institute (en) |
Director de tese | Dimitar Sasselov |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía, astrofísica, Aviación, Astronáutica, Investigación e Desenvolvemento e astrobioloxía |
Ocupación | astrónoma, profesora universitaria, astrofísica, física, bióloga |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (2007–) Instituto Carnegie (pt) (2002–2006) Institute for Advanced Study (1999–2002) |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Björn Benneke (en) |
Premios | |
| |
Sitio web | seagerexoplanets.mit.edu |
Sara Seager, “The search for planets beyond our solar system”, TED2015 | |
“Space Experts Discuss the Search for Life in the Universe at NASA”, NASA 2014 | |
“Sara Seager ”, Origins 2011 |
Sara Seager, nada en Toronto o 21 de xullo de 1971, é unha astrónoma e científica planetaria[1] canadense.[2] É profesora do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e é coñecida polo seu traballo sobre os planetas extrasolares e as súas atmosferas. É autora de dous libros de texto sobre estes temas,[3][4] e foi recoñecida polas súas investigacións por Popular Science,[5] Discover Magazine,[6] Nature,[7] e TIME Magazine.[8] Seager recibiu unha bolsa MacArthur en 2013 polo seu traballo teórico sobre a detección de sinais químicos en atmosferas de exoplanetas e o desenvolvemento de observatorios de baixo custo para a observación de tránsitos planetarios.[9]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seager é de orixe xudía,[10][11] o seu pai, David Seager, foi un pioneiro e un dos líderes mundiais no transplante capilar, fundando o Toronto Hair Transplant Center.[12][13] Ela obtivo unha licenciatura en Matemáticas e Física pola Universidade de Toronto en 1994, cunha bolsa do NSERC University Student Research Award, e un doutoramento en astronomía pola Universidade de Harvard en 1999. Na súa tese de doutoramento desenvolveu modelos teóricos de atmosferas en planetas extrasolares baixo a supervisión de Dimitar Sasselov.
Ingresou no Massachusetts Institute of Technology en xaneiro de 2007 como profesor asociado en Física e Ciencias Planetarias; foi titular en xullo de 2007,[14] e foi elevada a profesora titular en xullo de 2010.[15]
Investigación
[editar | editar a fonte]A NASA referiuse a ela como "unha Indiana Jones astronómica".[16] Sara Seager utilizou o termo "anana gaseosa" para un planeta de gran masa tipo super-Terra composto principalmente por hidróxeno e helio nunha animación dun modelo do exoplaneta Gliese 581c. O termo "anana gaseosa" tamén se utilizou para referirse a planetas máis pequenos que os planetas xigantes gaseosos, con atmosferas densas de hidróxeno e helio.
En 2013, propuso unha versión paralela á ecuación de Drake para estimar o número de planetas potencialmente habitables na nosa galaxia.[17]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Seager recibiu en 2012 o Premio Sackler polo seu traballo "análise de atmosferas e composicións internas de planetas extrasolares",[18] o Premio Helen B. Warner en Astronomía da Sociedade Astronómica Americana en 2007 por desenvolver "técnicas fundamentais para comprender, analizar e atopar as atmosferas dos planetas extrasolares,[19] e o Premio Harvard Bok de Astronomía de 2004.[20]
En 2012, foi nomeada Fellow da American Association for the Advancement of Science e en 2013 foi elixida Fellow da Royal Astronomical Society of Canada.[21] En setembro de 2013, recibiu unha bolsa MacArthur.[22] Foi elixida para a American Philosophical Society en 2018.[23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sara Seager, astrofísica". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-07-21. Consultado o 2022-06-27.
- ↑ "'The World Sees Me as the One Who Will Find Another Earth' - The star-crossed life of Sara Seager, an astrophysicist obsessed with discovering distant planets.". 7 de decembro de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2016.
- ↑ Exoplanet Atmospheres: Physical Processes. Princeton University Press. 2010. ISBN 9781400835300.
- ↑ Exoplanets. University of Arizona Press. 2010. ISBN 978-0-8165-2945-2.
- ↑ "The Fifth Annual Brilliant 10". Popular Science. 13 de setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2013. Consultado o 27 de xuño de 2022.
- ↑ "20 Best Brains Under 40". Discover Magazine. 20 de novembro de 2008.
- ↑ "Sara Seager: Planet seeker". Nature. 21 de decembro de 2011.
- ↑ Bjerklie, David (2012). "The 25 Most Influential People in Space" (PDF). TIME Magazine. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de maio de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2019.
- ↑ "MacArthur Fellows: Meet the Class of 2013: Sara Seager". MacArthur Foundation. 24 de setembro de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2013.
- ↑ "Four Jews Win MacArthur 'Genius' Awards – The Forward".
- ↑ "The Annual Record of the North American ... - Google Books".
- ↑ Jones, Chris (7 de decembro de 2016). "The Woman Who Might Find Us Another Earth". Consultado o 8 de xaneiro de 2017.
- ↑ Mirror Earth: The Search for Our Planet's Twin - Michael D. Lemonick - Google Books
- ↑ "MIT Corporation grants tenure to 50 faculty". MIT News Office. 14 de novembro de 2007.
- ↑ "Corporation announces faculty promotions and appointments". MIT News Office. 29 de decembro de 2010.
- ↑ "En busca del Santo Grial de la astronomía". Consultado o 3 de outubro de 2008.
- ↑ "La ecuación de Seager: adaptando la de Drake". Mujeres con ciencia (en castelán). 2016-07-29. Consultado o 2022-06-27.
- ↑ "Sara Seager fue nombrada co-ganadora del Premio Sackler 2012". Consultado o 10 de marzo de 2019.
- ↑ "Sara Seager honored for research on extrasolar planets". MIT News | Massachusetts Institute of Technology (en inglés). Consultado o 2022-06-27.
- ↑ "Ganadores del premio Bok". Consultado o 10 de marzo de 2019.
- ↑ "Wayback Machine" (PDF). web.archive.org. Archived from the original on 04 de marzo de 2016. Consultado o 2022-06-27.
- ↑ Sara Seager — MacArthur Foundation
- ↑ "Elección de nuevos miembros 2018 reunión de primavera". Consultado o 10 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía na exposición Astrónomas