Sandahl Bergman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1951 (73 anos) Kansas City, Estados Unidos de América |
Educación | Shawnee Mission East High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | bailarina, actriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro, especialista de cinema |
Período de actividade | 1970 - |
Premios | |
|
Sandahl Bergman, nada en Kansas City, Missouri o 14 de novembro de 1951, é unha bailarina, actriz e especialista de acción estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Danza
[editar | editar a fonte]Logo de pasar a nenez e a mocidade en Kansas, nos anos 70 mudouse a Nova York e comezou a bailar nalgúns musicais de Broadway. Bob Fosse contratouna como bailarina reserva do musical Pippin, dirixido por el mesmo. Tivo algúns papeis noutros musicais, até parte do cuerpo de actores/bailaríns de A Chorus Line, que era daquela o gran fenómeno de crítica e do público de Broadway. Interpretou a "Judy" despois de que varios dos actores e bailaríns orixinais deixaran o show en 1977.
Foi novamente promovida por Fosse no aclamado musical Dancin, de 1978, que contou con varios dos principais bailaríns de Broadway da época.
Cinema
[editar | editar a fonte]A súa estrea nas pantallas aconteceu cun pequeno papel nun filme para televisión. Despois del, participou no filme musical All That Jazz, tamén dirixido por Fosse, éxito de público e crítica e vencedor da Palma de Ouro do Festival de Cannes. Tamén participou no filme Xanadu, de 1980, con Olivia Newton-John.
Sandhal fíxose coñecida internacionalmente en 1982, ó protagonizar, a carón de Arnold Schwarzenegger o filme Conan o bárbaro, papel polo que acabó recibindo o Globo de Ouro de Actriz Revelación. Como non había ningunha dobre dispoñible coas súas características físicas, aprendeu a facer as escenas de risco que precisaban dun dobre. Tres anos despois, volveu participar noutro filme baseado nunha obra de Robert E. Howard, Red Sonja, na que interpretou a malvada Gedren.
Despois destes filmes, Sandhal actuou en pequenos papeis en diversos filmes e series de televisión. Casou por primeira vez ós 45 anos, en 1996. O seu derradeiro filme, foi O detective cantante, xunto a Adrien Brody e a Mel Gibson.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sandahl Bergman na IMDb (en inglés).