San Luis (empresa)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Luis.
San Luis | |
---|---|
Tenda de San Luis na Gándara, Ferrol. | |
Fundación | Anos 1970, refundada en 2013 |
Localización | A Coruña, Galiza |
Fundador | Lorenzo López |
Industria | Distribución |
Produtos | Electrónica Electrodomésticos |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Luis foi unha empresa galega con sede na Coruña adicada á venda e distribución de electrodomésticos, aparellos eléctricos e de fogar. San Luis tivo durante un tempo ademais as marcas Darty e Menaje del Hogar. Anunciou a súa liquidación en 2015.
Historia
[editar | editar a fonte]A empresa fundouse nos anos 1970 na rúa San Luís da Coruña, de onde tomou o nome. Chegou a ter 22 tendas en España e Portugal e uns 400 traballadores. En 2007 foi mercada pola francesa Darty, que no ano 2013 pechou as tendas en España. Meses despois a empresa volveu abrir cinco tendas co nome de San Luis, dúas delas na cidade da Coruña.
Tendas
[editar | editar a fonte]- Centro comercial Os Rosais, A Coruña
- Praza de Pontevedra, A Coruña
- Praza de Vigo, Coruña
- Polígono da Gándara, Ferrol
- Rúa Progreso, Lugo
- Ponferrada
San Luis tamén ten un centro loxístico de 4.000 metros cadrados en Bergondo[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Valeiras, María. SingularShopper.com, ed. "Electrodomésticos San Luis resucita seis años después y recupera diez tiendas de Darty, una de ellas en Marineda". Consultado o 20 de outubro de 2013.