[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sambódromo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sambódromo da Marquês de Sapucaí, no Río de Xaneiro.

Un sambódromo é o nome que reciben as instalacións destinadas aos desfiles das escolas de samba do Brasil. Xeralmente, compóñense dunha pasarela e por unha área de baile.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

"Sambódromo" é un neoloxismo creado por Darcy Ribeiro pola unión da palabra afrobrasileira "samba" e do termo grego δρόμος [drómos], que significa "camiño", "vía".[2][3]

Imaxe do sambódromo do Anhembi.
Complexo Cultural do Porto Seco, en Porto Alegre.
Sambódromo Dráuzio da Cruz en Santos.

Sambódromos máis coñecidos

[editar | editar a fonte]

No Brasil

[editar | editar a fonte]

Os sambódromos máis coñecidos son: o sambódromo da Marquês de Sapucaí, de Río de Xaneiro; o sambódromo do Anhembi, de São Paulo, ademais de Florianópolis, Vitória, Santos, Porto Alegre e Manaus, todos no Brasil.

Cidade Sambódromo
Macapá Escola Sambódromo de Artes Populares
Manaus Sambódromo de Manaus
Ceilândia Ceilambódromo
Vitória Sambão do Povo
Monte Santo de Minas Sambódromo Sebastião Antônio da Silva - Terreirão do Samba
Belém Aldeia de Cultura Amazônica Davi Miguel
Cabo Frio Morada do Samba
Campos dos Goytacazes Centro de Eventos Populares Osório Peixoto - CEPOP
Río de Xaneiro Sambódromo da Marquês de Sapucaí
Cruz Alta Sambódromo Mestre Vidal
Porto Alegre Complexo Cultural do Porto Seco
São Paulo Sambódromo do Anhembi
Santos Sambódromo Passarela do Samba Dráusio da Cruz
Bauru Sambódromo Municipal de Bauru
Paulínia Sambódromo de Paulínia
Florianópolis Passarela Nego Querido
Laguna Escola Multiuso Hildenburgo Moreira

Fóra do Brasil

[editar | editar a fonte]
Pasarela Nego Quirido, en Florianópolis.
País Cidade Sambódromo
Arxentina Gualeguaychú Sambódromo de Gualeguaychú
Arxentina Mercedes Sambódromo do Parque da Estación
Paraguai Encarnación, Paraguai Centro Cívico Sambódromo