Sakura Haruno
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Naruto | |
Nome real | Haruno Sakura |
Idade | 12/13 |
Altura | 148,5 cm-150,1 cm |
Peso | 35,4 kg-35,9 kg |
Ocupación | Gennin |
Aldea | Aldea Oculta de Konoha |
País | País do Lume |
Mestre | Kakashi Hatake |
Equipo | Equipo 7 |
Relevancia | Personaxe principal |
Seiyū | Chie Nakamura.[1] |
Naruto: Shippūden | |
Nome real | Sakura Haruno |
Idade | 15[2] |
Altura | 161 cm[2] |
Peso | 45,4 kg[2] |
Ocupación | Chūnin |
Aldea | Aldea Oculta da Folla |
País | País do Lume |
Mestre | Kakashi Hatake, Tsunade |
Equipo | Equipo 7 |
Relevancia | Personaxe principal |
Seiyū | Chie Nakamura.[1] |
Jutsu | |
Estatísticas | |
Estatísticas
Exame chūnin Fin da primeira parte Segunda parte
|
Sakura Haruno (春野サクラ Haruno Sakura?) é unha personaxe do manga e anime Naruto, creado polo mangaka Masashi Kishimoto. O seu nome traducido ó galego sería «botón de cereixeira» (サクラ?, Sakura) e «campo de primavera» (春野?, Haruno). Kishimoto comentou que tivera dificultades no debuxo de certas partes do aspecto desta personaxe, principalmente pola súa gran fronte.[3][4]
Tanto no manga coma no anime, Sakura é unha kunoichi da Aldea Oculta de Konoha e forma parte do «Equipo 7», composto por Naruto Uzumaki, Sasuke Uchiha e o seu líder e sensei, Kakashi Hatake; aínda que logo Sasuke abandona o equipo e foi substituído por Sai. Inicialmente, Sakura ten un grande entusiasmo cara a Sasuke, louvándoo a cada intre, pero un desprezo cualificativo cara a Naruto. Porén, co transcurso da serie, medra máis a súa aceptación e aprecio cara Naruto, pois en Naruto: Shippūden comeza a desenvolver un vínculo máis estreito cara a el, xa que ambos comparten o obxectivo de traer a Sasuke de volta ó seu equipo.
Ó ser unha das personaxes principais, Sakura aparece na maioría dos filmes da serie así como noutros medios relacionados coa franquía, entre eles videoxogos e animacións orixinais. Ademais, numerosas publicacións de manga e anime eloxiaron e criticaron a personaxe. Inicialmente observárase unha personaxe dun manga shōnen que serviu como interese amoroso do protagonista.[5][6] A pesar de que a aparición desta personaxe non avanzara moito na serie, logrou acadar os primeiros postos en varias enquisas.[7] Asemade, lanzáronse no mercado múltiples accesorios en semellanza a Sakura, incluíndo bonecas de felpa e chaveiros.[8][9][10]
Creación e concepción
[editar | editar a fonte]Aínda que Sakura é a personaxe feminina máis recorrente en Naruto, orixinalmente Masashi Kishimoto non a creou para que fose «unha heroína». A creación de Sakura foi o resultado do desexo de Kishimoto por facer unha personaxe un pouco irritable,[3] e a pesar destes elementos, o mangaka considerase a si mesmo afeccionado a Sakura, xa que a súa personalidade é común entre tódalas persoas, dándolle así un senso máis realista á personaxe.[11] Asemade, cando se lle preguntou ó autor nunha entrevista sobre se Sakura tiña un pasado que non fora revelado, este explicou que sempre pensou nela como unha «rapaza normal».[12]
No deseño de Sakura, Kishimoto centrouse na súa silueta e creou un vestiario tan sinxelo como lle foi posible. O igual que a súa falta de experiencia no debuxo de heroínas, Kishimoto carecía da experiencia necesaria para facer a Sakura «bela», sendo a característica física máis coñecida de Sakura a súa ampla fronte. Por tal motivo, Kishimoto ás veces céntrase na preparación de escenas de arte onde destaque a kunoichi.[4] No deseño da aparencia da personaxe en Naruto: Shippūden, Kishimoto decidiu trocar a súa roupa para que fose un exemplo máis vivo do estilo karateca. Porén, semellante ó deseño anterior, co fin de conseguir darlle unha aparencia máis feminina.[2]
Personalidade
[editar | editar a fonte]Ó comezo da serie, Sakura ten un profundo entusiasmo por Sasuke Uchiha, principalmente na súa boa planta, «actitude fresca» e o seu prodixioso talento. Debido a isto, nas súas primeiras aparicións, Sakura adícase a intentar gañar o afecto deste.[13] Namentres avanza a historia e comeza a pasar máis tempo con Sasuke como compañeiro de equipo, Sakura desenvolve unha preocupación de que algún día el abandonaría a Aldea Oculta de Konoha en busca de poder.[14] Cando o seu temor se fai realidade ó final da primeira parte, Sakura fai todo o que pode para deter a saída de Sasuke, pero foi imposible. Dende entón, Sakura fai o seu obxectivo principal poder atopar a Sasuke, o cal convértese nun elemento recorrente no seu papel na segunda parte.[15] Aínda que se preocupa polo seu benestar,[16] e non permite que outros o insulten,[17] Sakura está disposta a atacar a Sasuke se este non quere regresar a Konoha.[18]
A relación de Sakura con Naruto, ó igual que con Sasuke, vai cambiando no transcurso da serie. A primeira vez que estiveron xuntos, a kunoichi opinaba que Naruto «era un idiota que deliberadamente trataba de arruinarlle a vida».[13] Naruto amosa o seu valor como ninja, así como a súa adicación polos seus compañeiros de equipo e Sakura decátase que a súa percepción inicial estaba errada.[19] Por outra parte, en Sakura reside un «Inner Sakua», unha manifestación das súas verdadeiras emocións. Ademais de alivio cómico, Inner Sakura representa a verdadeira opinión sobre as cousas.[13] A aparencia desta manifestación acostuma ser marcada por un sinal de exclamación de «Shānnarō» (しゃーんなろー?).
Historia
[editar | editar a fonte]Primeira parte
[editar | editar a fonte]Sakura acompaña ó resto do «Equipo 7» durante a totalidade das súas primeiras misións.[1] Aínda que fai pouco para contribuír nas loitas que teñen lugar, colocándose á marxe en todas elas e permitindo que o resto do seu equipo a protexa e derroten ós seus inimigos. Durante os «Exames Chūnin,» cando o resto dos seus compañeiros quedan feridos, Sakura decátase de que depende dos outros para poder loitar.[20] Así pois, decide mellorar as súas habilidades ninja para poder protexer ós seus amigos,[21] e no resto da serie toma un papel máis activo nas batallas do seu equipo. Porén, despois da fuxida de Sasuke de Konoha, Naruto vai tras del para traelo de volta, e debido ás poucas capacidades de Sakura para poder axudar, faise estudante de Tsunade.[15]
Segunda parte
[editar | editar a fonte]Sakura toma un papel máis activo na segunda parte, como se ve na batalla contra Sasori, un dos membros máis poderosos da Akatsuki, e coa axuda de Chiyo logra saír vitoriosa.[22] Como resultado disto, Sasori revélalle que ten un espía vixiando a Orochimaru, e que ía atoparse con este na Ponte do Ceo e a Terra, podendo saber por medio disto a localización de Sasuke.[23] Naruto, Sakura, e os novos membros do «Equipo 7» —Yamato e Sai— empregan esta pista para buscar a Sasuke, pero unha vez máis non son quen de impedir que fuxa.[24] Posteriormente, cando Pain e Konan invaden a Aldea Oculta de Konoha,[25] Pain atópase con Tsunade, e este emprega unha poderosa técnica que destrúe case toda Konoha dunha explosión, «Shinra Tensei». Sakura logra salvarse grazas a miles de Katsuyu que Tsunade invocara para curar e protexer ós aldeáns.[26] Máis tarde, decátase de que Hinata, que intentara salvar a Naruto, queda ferida.[27] Neji e Tenten logran rescatar a Hinata, e Sakura comeza a curala.[28] Posteriormente, Sakura xunto a Sai decide ir a buscar a Naruto, quen á súa vez fora falar co Raikage para que retirara a Sasuke do «Libro Bingo».[29] Ó chegar ata onde se atopaba Naruto, decláralle o seu amor —parte do plan para impedir que Naruto avanzara e se dirixise cara Sasuke— pero este non llo cre e di que se engana a si mesma. Así, non ten máis remedio que enganar a Naruto dicíndolle que volvía á aldea cando en realidade ía a por Sasuke. Despois de atopar a Sasuke, a kunoichi intenta asasinalo, pero non o consegue e Kakashi aparece no seu rescate. Despois dun curto enfrontamento entre Naruto e Sasuke, ambos equipos regresan ás súas respectivas aldeas.[30]
Habilidades
[editar | editar a fonte]Durante a primeira parte, as habilidades de Sakura son case nulas, a pesar de que ten un amplo control do seu chakra,[31] como se demostra durante as poucas batallas nas que participa.[32] Porén, non é ata a segunda parte na que aprende a empregar esta capacidade ó seu favor.
Despois do seu adestramento con Tsunade durante dous anos e medio, Sakura adquire dúas habilidades que dependen directamente dun control de chakra preciso. A primeira e máis común destas dúas é a súa habilidade para curar as feridas, dándolle o rango no seu equipo de ninja médico e debido á velocidade para curar a outros, Sakura é unha dos máis talentosos ninjas médicos.[33] Asemade, ó ser unha ninja médico, o seu equipo non pode deixar que se enfronte nas batallas, posto que se sae ferida, o seu equipo corre o risco de morrer.[34] Por outra banda, a segunda habilidade é a súa forza sobrehumana.[35]
Misións feitas
[editar | editar a fonte]Durante o transcurso da historia Sakura fixo as seguintes misións, co resto do Equipo 7:[2]
- Misións D: 7
- Misións C: 1
- Misións B: 2
- Misións A: 6
- Misións S: 0
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Masashi Kishimoto (creador), Studio Pierrot (animación) (17 de outubro de 2002). "宿敵!?サスケとサクラ". Naruto. Episodio 3. TV Tokyo.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Kishimoto, Masashi (2008). Hiden: Sha no Sho - Character Oficial Databook. Japón: Shūeisha. ISBN 978-4-08-874247-2.
- ↑ 3,0 3,1 Kishimoto, Masashi (2007). Uzumaki: the Art of Naruto. Viz Media. p. 140. ISBN 1-4215-1407-9.
- ↑ 4,0 4,1 Kishimoto, Masashi (2007). Uzumaki: the Art of Naruto. Viz Media. p. 122. ISBN 1-4215-1407-9.
- ↑ Ross, Christina. "THEM Anime Reviews 4.0 - Naruto" (en inglés). T.H.E.M. Anime Reviews. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2016. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
- ↑ Dodson, Joe (13 de outubro de 2007). "Franchise Player: Naruto" (en inglés). GameSpot. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
- ↑ White, Charles (27 de outubro de 2007). "IGN: ¡Formación: La Recuperación de Sasuke!". IGN. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
- ↑ "Naruto: Xoguetes e xogos de Sakura" (en inglés). Amazon.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
- ↑ "Naruto: Chaveiro con forma de Sakura" (en inglés). Amazon.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
- ↑ "Naruto: Chaveiro con forma de Sakura (Naruto: Shippūden)" (en inglés). Amazon.com. Consultado o 28 de xaneiro de 2008.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2000). Naruto, volume 3. Shūeisha. p. 146. ISBN 4-08-872898-X.
- ↑ "Shonen Jump". Shonen Jump, (VIZ Media) 7 (11): 11. novembro de 2009. ISSN 1545-7818.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Kishimoto, Masashi (2003). "Capítulo 3". Naruto 1. Shūeisha. ISBN 9781421587325.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2003). "178". Naruto 20. Shūeisha. pp. 142–143. ISBN 9781421516554.
- ↑ 15,0 15,1 Kishimoto, Masashi (2003). "Capítulo 236". Naruto, volume 17. Shūeisha. ISBN 4-08-873420-3.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 311". Naruto, volume 35. Shūeisha. ISBN 4-08-874273-7.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 286". Naruto, volumen 32. Shūeisha. ISBN 4-08-874039-4.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 308". Naruto, volume 34. Shūeisha. ISBN 4-08-874138-2.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2002). "Capítulo 105". Naruto, volume 12. Shūeisha. pp. 109–110. ISBN 4-08-873259-6.
- ↑ Masashi Kishimoto (creador), Studio Pierrot (animación) (7 de maio de 2003). "サクラ咲く!決意の後ろ姿". Naruto. Episodio 32. TV Tokyo.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2001). "Capítulo 54". Naruto, volume 6. Shūeisha. pp. 168–170. ISBN 4-08-873089-5.
- ↑ Masashi Kishimoto (creador), Studio Pierrot (animación) (30 de agosto de 2007). "叶わぬ夢". Naruto: Shippūden. Episodio 27. TV Tokyo.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 275". Naruto, volume 31. Shūeisha. ISBN 4-08-874002-5.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2006). "Capítulo 309". Naruto, volume 34. Shūeisha. ISBN 4-08-874138-2.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 419". Naruto, volume 45. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874627-2.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 430". Naruto, volume 46. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874663-0.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 438". Naruto, volume 47. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874711-8.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2009). "Capítulo 442". Naruto, volume 47. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874711-8.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2010). "Capítulo 459". Naruto, volume 49. Shūeisha. ISBN 978-4-08-874784-2.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2010). "Capítulo 488". Naruto, volume 52. Shūeisha. ISBN 978-4-08-870084-7.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2000). "Capítulo 18". Naruto, volume 3. Shūeisha. pp. 16—17. ISBN 4-08-872898-X.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2001). "Capítulo 90". Naruto, volume 10. Shūeisha. p. 162. ISBN 4-08-873197-2.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 271". Naruto, volume 30. Shūeisha. ISBN 4-08-873881-0.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 270". Naruto, volume 30. Shūeisha. ISBN 4-08-873881-0.
- ↑ Kishimoto, Masashi (2005). "Capítulo 265". Naruto, volume 30. Shūeisha. ISBN 4-08-873881-0.