[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sabha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha sabha[1] (ás veces escrito sabkha ou sebkha) é unha depresión chaira de limo e sal no deserto, onde ás veces se forma unha codia dura e seca que dificulta o paso peor que se fose xeo sobre un río: a súa rotura pode cortar os pneumáticos ou as solas dos zapatos e amosar lugares de onde é difícil saír. Cando chove ou hai condensación, fórmanse lameiros de areas movedizas impracticables.

  1. Segundo o artigo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 6.4. Xeografía física