Sabela de Cambados
Sabela de Cambados | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sabela de Cambados |
Director | Ramón Torrado |
Produtor | Cesáreo González |
Guión | Adolfo Torrado Estrada |
Intérpretes | María Fernanda Ladrón de Guevara, Rafael Bardem, Amparo Rivelles, Jorge Mistral, Fernando Fernández de Córdoba, Xan das Bólas, Rosario Royo, Félix Fernández, Fernando Rey |
Música | Fernando Díaz Giles e Alonso Misol |
Fotografía | Andrés Pérez Cubero e Michel Kelber |
Montaxe | Gaby Peñalba |
Estrea | 14 de febreiro de 1949 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama, Costumismo |
Na rede | |
Sabela de Cambados é un filme galego de 1949 dirixido por Ramón Torrado.
Argumento
[editar | editar a fonte]No pazo de Armental, en Cambados, os marqueses de Soñeira viven un matrimonio infeliz. A marquesa Sabela (María Fernanda Ladrón de Guevara) sente que o seu marido Jaime (Rafael Bardem) non a quere. Jaime marcha a Madrid, onde vive unha vida de luxos xunto á súa curmá e amante Julia (Margarita Sandra). Un día regresa de América Juan de Mourente (Fernando Fernández de Córdoba), un indiano que fora un amor de mocidade de Sabela antes de marchar el, e do que nunca se esqueceu.
Por outra banda, o fillo de Sabela, Eduardo (Jorge Mistral), marcha estudar a Santiago e deixa soa a súa namorada Tonucha (Amparo Rivelles), quen vive no pazo como afillada de Sabela, dende que seus pais morreran.
Elenco
[editar | editar a fonte]- María Fernanda Ladrón de Guevara como Sabela.
- Rafael Bardem como Don Jaime.
- Amparo Rivelles como Tonucha.
- Jorge Mistral como Eduardo Armental.
- Fernando Fernández de Córdoba como Juan de Mourente.
- Xan das Bolas como Benito.
- Rosario Royo como Pecaditos.
- Carolina Giménez como Mercedes.
- Margarita Sandra como Julia.
- Félix Fernández como Don Antonio.
- Juana Mansó como Dona Remedios.
- Mario Bustos como Ernesto Mirandas.
- María Teresa Galiana como Carola.
- Arturo Marín como Martín.
- Fernando Aguirre como Don Pepiño Moncada.
- José Riesgo como Amigo de Eduardo.
- Domingo Rivas como Arzobispo.
- Rina Celi como Charito.
- María Luisa D. de Velasco.
- José de Caparrós.
- Fernando Rey (Voz en off).
Produción
[editar | editar a fonte]O filme foi producido por Suevia FIlms, do vigués Cesáreo González e está baseado nunha obra de teatro homónima de Adolfo Torrado. A pesar do título, non foi rodado en Cambados, o que causou indignación nos cambadeses emigrados na Arxentina que asistiron á proxección esperando ver imaxes da súa terra.[1][2] A rodaxe realizouse en Santiago de Compostela, A Coruña, Betanzos, Guísamo, Sada e San Pantaleón.[3]
No filme soan varias cancións populares galegas interpretadas pola agrupación Anaquiños d'a Terra. Tamén inclúe varias escenas da romaría dos Caneiros de Betanzos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anxo Martínez (28 de marzo de 2012). ""'Sabela de Cambados' es un folletín con final feliz"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "A película "Sabela de Cambados" obxectivo da Real Academia Galega de Belas Artes e do Concello de Cambados". A ti, meu Cambados. 25 de marzo de 2012. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ Erias Martínez, Alfredo; Sarmiento Escalona, Rosario (1997). O cinematógrafo en Betanzos (1897-1951) (PDF). Deputación da Coruña. ISBN 84-89652-26-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do filme en Filmaffinity (en castelán).
- Ficha do filme en IMDb (en inglés).