[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Savaii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a mítica patria de orixe dos pobos polinesios (ás veces denominada Savai'i), véxase Hawaiki
Modelo:Xeografía físicaSavaii
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIlhas Samoa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIlhas Samoa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSamoa Editar o valor en Wikidata
Mapa
 13°35′S 172°25′O / -13.58, -172.42
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.858 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións40 (ancho) × 70 (lonxitude) km
Punto máis altoMauga Silisili (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.858 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie1.718 km² Editar o valor en Wikidata

Savai'i , a alma de Samoa, é a principal e máis grande illa no estado de Samoa, formada por basalto, que pasa dos fondos mariños da zona occidental Océano Pacífico. Savai'i é un volcán activo, o cal fixo erupción por última vez en 1911. É o fogar de aproximadamente 50.000 persoas, é menos desenvolvida que Upolu, a outra illa principal. Os portos de Salelologa e Asau sitúanse en Savai'i. Savai'i é o fogar da Pulemele'i Mound, Alofa'aga Blowholes, e Moso's Footprint, que se remontan a tempos prehistóricos. Falealupo, a só 20 millas do cambio de data, é o pobo máis occidental de Samoa, e posiblemente, do mundo. Nos comenzos do século XIX, a illa foi chamada Pola.

Mitos e lendas

[editar | editar a fonte]
Aldea de Matautu, costa norte Savai'i (1902)

Rica na historia polinesia e a tradición oral, Savai'i menciónase en mitos e lendas das Illas do Pacífico e chamouse o "berce da Polinesia".[1]

A Mitoloxía samoana conta historias de deuses diferentes. Había deuses dos bosques, dos mares, da choiva, da colleita, das aldeas, e da guerra.[2] Houbo dous tipos de deuses: atua, que tiñan orixes non humanas, e aitu, que eran de orixe humana. Tagaloa era un deus supremo que fixo as illas e a xente. Mafui'e era o deus dos terremotos. Había tamén varios deuses da guerra. Nafanua, a deusa guerreira de Samoa, provén da aldea de Falealupo no extremo oeste da illa, que é tamén o sitio da entrada en Pulotu, o mundo dos espíritos. O pai de Nafanua Saviasi'uleo era o deus de Pulotu.[3] Outra lenda ben coñecida fala de dúas irmás, Tilafaiga e Taema, traendo a arte do tatuaxe a Samoa desde Fidxi. Tilafaiga é a nai de Nafanua. A piscina de auga doce Mata o le Alelo 'Ollos do Demo' da lenda polinesia Sina e a anguía sitúase na aldea de Matavai na costa do norte no distrito da aldea de Safune.[4] Outra figura da lenda é Tui Fiti, que reside na aldea de Fagamalo no distrito da aldea de Matautu na costa norte central. A aldea de Falelima asóciase cun temido espírito chamado Nifoloa.

Savai'i é coñecida como o "Alma de Samoa". "Aquí o século XX tivo pouca influencia, e a fa'a Samoa (a forma samoana) ten o maior significado." [5]

Actividade volcánica

[editar | editar a fonte]

A illa consiste nunha gran placa volcánica en forma similar aos volcáns de Hawai. En consecuencia, a illa ten un perfil de suave declive, alcanzando unha altitude máxima de 1858 metros no monte Silisili. Savai'i segue sendo volcanicamente activa, coas recentes erupcións de Matavanu entre 1905 e 1911, Mata Ole Afi en 1902 e Mauga Afi en 1725. O campo de lava en Saleaula causado polas erupcións do Matavanu na primeira parte da século XX son o suficientemente amplas para que sexan visibles nas fotografías de gran altitude

Alofa'aga Blowholes

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2012. Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  2. Culbertson, Philip; Agee, Margaret Nelson; Makasiale, Cabrini 'Ofa (2007). Penina Uliuli Contemporary Challenges in Mental Health for Pacific Peoples. University of Hawaii Press. p. 68. ISBN 978-0-8248-3224-7. Consultado o 2014-07-26. 
  3. Turner, George (2006). Samoa, a Hundred Years Ago and Long Before. Echo Library. p. 123. ISBN 978-1-4068-3371-3. Consultado o 2014-07-26. 
  4. "Living Heritage -Marcellin College - Sina and the Eel". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2012. Consultado o 23 de agosto de 2017. 
  5. Robert Booth, "The two Samoas still coming of age," in National Geographic Magazine, Vol. 168, No. 4 de outubro de 1985, p. 469

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]