[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Soncino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSoncino
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°24′00″N 9°52′00″L / 45.4, 9.8667
PaísItalia
RexiónLombardía
ProvinciasProvincia de Cremona Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalSoncino Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación7.490 (2023) Editar o valor en Wikidata (165,27 hab./km²)
Xeografía
Superficie45,32 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude89 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónMartiño de Tours Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal26029 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0374 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT019097 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoI827 Editar o valor en Wikidata

Páxina webcomune.soncino.cr.it Editar o valor en Wikidata

Soncino é unha localidade e comuna italiana da provincia de Cremona, na rexión da Lombardía, con 7.641 habitantes.

Situación

[editar | editar a fonte]

Soncino está situado no val do Po, no centro da Lombardía, na fronteira entre as provincias de Cremona, Brescia e Bérgamo. Situada ás beiras do río Oglio.

Castelo de Soncino.

As orixes de Soncino non son claras. Algúns sitios arqueolóxicos esporádicos (puntas de frecha, un tesouro de bronce e cobre), só poden supoñer que o lugar foi un sitio de paso das poboacións prehistóricas a través deste territorio.[1]

A chegada dos celtas (Séculos V - III a.C.) coincide, probablemente co nacemento dunha zona fronteiriza. Inicialmente entre os celtas e os etruscos.[1]

Da época do Imperio romano recuperáronse algúns pedazos de ladrillo. Os anos finais do Imperio, coa chegada dos pobos xermánicos, considérase como o momento histórico da fundación de Soncino. Coas invasións dos húngaros no século X o norte de Italia viviu un período de fortificación, que tamén afectou a cidade, comezando a elevarse os primeiros muros do que sería o Castelo de Soncino.[1]

Durante o século XV a cidade viuse afectada pola guerra entre a República de Venecia e o Ducado de Milán, que rematou con Soncino baixo dominio milanés. Neste momento o duque Francisco I Sforza ordena a construción da fortificación.[1]

En 1536 o Ducado de Milán pasa a estar baixo dominio dos españois, comezando así a decadencia da cidade. O emperador Carlos V deixa a cidade en mans da familia Stampa.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Soncino Storia" (en italiano). Consultado o 19 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]