[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Soiuz TMA-7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TMA-7
TipoTripulada
Data de lanzamento1 de outubro de 2005, 03:54 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión189,83 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso8 de abril de 2006[1][5]
NSSDC ID2005-039A
Masa7250 kg[5]

Soiuz TMA-7 foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 1 de outubro de 2005 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz TMA-7 foi lanzada cos cosmonautas William S. McArthur, Gregory Olsen e Valeri Tokarev a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e levar a cabo tarefas de mantemento mentres a frota de transbordadores espaciais permanecía parada despois do accidente do transbordador espacial Columbia. A nave acoplouse ao módulo Pirs e durante a súa estancia a ISS recibiu a visita da misión Soiuz TMA-8 e do cargueiro Progress M-55. Regresou o 8 de abril de 2006 con McArthur, Tokarev e Marcos Pontes.[2][3][4]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 7" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 7" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 14 August 2006 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (06-56797 (E)). 4 de setembro de 2006: 2. Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 1 - 22 (7K-STMA, 11F732A17)" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-7" (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]