Soviet Militar Revolucionario
Soviet Militar Revolucionario ou Revvoensoviet ou RVS (en ruso: 'Революционный Военный Совет ou Реввоенсовет ou РВС'), tamén traducido como Consello Militar Revolucionario, foi a suprema autoridade militar da Rusia soviética entre 1918 e 1934. Instituído por decreto do Comité Executivo Central de Todas as Rusias (VTsIK) o 2 de setembro de 1918 no coñecido como "Decreto sobre a Declaración da República Soviética no Campo Militar".
Non debe confundirse co Comité Revolucionario Militar (CRM) ou Voenrevkom ou VRK (ruso: Военно-революционный комитет o Военревком o ВРК), creado polo Soviet de Petrogrado o 16 de outubroxul./ 29 de outubrogreg. de 1917 e que dirixiu a Revolución de Outubro proclamando o derrocamento do Goberno Provisional Ruso, nin cos Comités Militares Revolucionarios creados polas organizacións militares do Partido Bolxevique ao longo e ancho de toda Rusia durante a Revolución. Foi disolto o 5 de decembroxul./ 18 de decembrogreg. do mesmo ano.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rabinowitch 2007, p. 81.
- ↑ Rabinowitch 2007, p. 82.
- ↑ Rabinowitch 2007, p. 61.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rabinowitch, Alexander (2007). The bolsheviks in power. The first year of Soviet rule in Petrograd (en inglés). Indiana University Press. p. 520. ISBN 9780253349439.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soviet Militar Revolucionario |